Epifania en Italia

Hola gente! ¿qué tal?

El otro día en clase de italiano estuvimos hablando de tradiciones navideñas de Italia, y descubrí que aquí no existen los reyes magos, sino una bruja que se llama la «Befana». Os voy a contar algunas cosillas sobre ella.

La historia cuenta que los Reyes Magos, cuando iban de camino a Belén para llevar los regalos al Niño Jesús, al no conseguir encontrar el camino correcto, pidieron ayuda a una anciana. A pesar de que insistieron, ella no quiso acompañarlos, y para cuando cambió de opinión ya era demasiado tarde.

Preparó un cesto con dulces y salió de casa para buscarlos, aunque no lo consiguió. Así, se paró en cada casa que encontraba a lo largo del camino, dando chucherías a los niños que encontraba, con la esperanza de que alguno de ellos fuese el pequeño Jesús. Desde entonces vaga por el mundo haciendo regalos a todos los niños.

La leyenda dice que la Befana visita cada casa la noche anterior a la epifanía (6 de enero), para rellenar los calcetines que los niños dejan colgados para ella. Si han sido buenos pone caramelos y chocolatinas, y si han sido malos los rellena de carbón. La Befana es una anciana que vuela sobre una escoba, pero a diferencia de una bruja, suele estar sonriente y tiene una bolsa llena de chuches y carbón. Os dejo ahí la foto para que podáis reconocerla si os la encontráis.

Buon Natale!

Día 6: Volta a casa

E así remata a nosa viaxe, despois de 515 fotos, 7 trenes, 2 hoteles, incontables pizzas, focaccias e xelados, máis de 900 kilómetros percorridos (sen contar os 1800 que nos separan de Coruña), museos, prazas, palazzos… e como no anuncio da Master Card, a experiencia é a que non ten prezo. Espero que esta crónica serva para animarvos a vir por aquí, alomenos a min valeume para recordar todo o que vin nestes días e repasar tódalas fotos un par de veces. A de hoxe é da estación de Santa Lucia en Venecia. Cando queirades a vedes en persoa. Bicos!

Día 5: Segundo día en Venecia

Pois a viaxe xa vai chegando ó seu fin. Este día foi o que vimos máis cousas de Venecia. O percorrido comezaba ó lado do noso hotel, no Almacén dos Turcos, que fora a sede da representación comercial otomana en Venecia, e que é hoxe en día, Museo de Historia Natural da cidade. Logo seguimos ata Ca’ dOro, o Palazzo gótico-veneciano máis famoso da cidade, logo as igrexas de Santos Apostoles, Santa Maria dei Miracoli, Santos Giovani e Paolo, Santa María Formosa e San Zaccaría. E camiñando, camiñando, chegamos outra vez ata a praza de San Marco, e puidemos facer máis fotos, esta vez sen néboa. Logo chegou o turno da Igrexa de Santo Stefano, e cruzando o Gran Canal por Ponte Acadèmia chegamos a Santa Maria della Salute, que ten este nome en agradecemento pola salvación da cidade da peste de 1630.

E seguimos camiñando… Ca’ Rezzonico, Palazzo Grassi, Ca’ Foscari, que é a universidade de Venecia, e Santa Maria dei Frari. Foi nesta praza onde paramos a comer, porque ó estar preto da universidade, había moitos sitios baratos para comprar pizza al taglio.

Como a illa é moi pequena, eran aínda as dúas da tarde e xa tiñamos vistos todos os palazzos, igrexas e prazas que viñan na guía, así que voltamos á zona do hotel para visitar o Gheto Xudeu. Vimos a Sinagoga, a Casa Israelitica di Riposo, o Museo do Pobo Xudeu, tendas típicas… ¡e eran todavía as tres da tarde! Así que adicamos o resto do día a comprar comida típica para levar de recordo, e a pasear sen rumbo entre os canáis para descubrir as zonas máis escondidas da cidade.

E así rematou a nosa quinta etapa de viaxe. As fotos son dun canal preto do noso hotel, e da igrexa de Santa Maria della Salute. Espero os vosos comentarios e as propostas para unha nova viaxe. Bicos!

Día 4: Imos a Venecia

O cuarto día de viaxe comezou cun almorzo tremendo, maletas, e un tren que nos levou ata Venecia nunhas dúas horas e media. Queriamos aproveitar toda a tarde visitando, así que tan pronto chegamos e deixamos as maletas no hotel, buscamos un sitio para comer algo e collimos rumbo á Piazza San Marco.

A pesar da néboa aproveitamos ben a tarde e vimos, primeiro de día, e logo de noite, a plaza máis coñecida de Venecia (sí, había moitas palomas, jej). Polo camiño vimos o Gran Canal e a Ponte de Rialto, e xa na praza, a Basílica de San Marcos (con anécdota incluida), o Palazzo Ducale, coa súa Porta da Carta, o Campanile, a Torre dell’Orologio, as dúas Procurate, as Columnas de San Marcos e San Teodoro, e a Ponte dos Suspiros.

O que nos pasou cando visitamos a Basílica de San Marco, foi que non deixaban entrar a vela con mochila, e como ía case vacía e non queriamos perder tempo indo ó guardaropa e facer de novo a cola, vaciamos todo o que había na mochila e o metimos nos bolsillos, e como non podiamos doblar a bolsa o suficiente como para gardala, Carlos a puxo debaixo da chaqueta, de forma que lle saía unha chepa tremenda. Pois supoño que para non meterse coa famosa chepa o home da porta non nos dixo nada, e entramos a ver a Basílica por dentro. Pois cando estabamos sentados nun banco facendo fotos «de estrangis», coa cámara nas pernas, sen flash e sen sonido, a chepa de Carlos empezou a sonar… Claro, non podiamos quitar a mochila, tampouco podiamos coller o teléfono, así que pasou media hora sonando. Pero non acaba aquí o tema, porque como non podiamos facer nada, cabreeime toda, erguinme con toda a mala leche para sacar dunha vez a mochila, e soltei un «joder» que retumbou en toda a igrexa!… Iso, que a montamos moitísimo.

O camiño de volta ó hotel serviunos para fixarnos nunha trattoria pequena, con pasta e pizza a moi bo precio, así que despois de deixar a «chepa» na casa baixamos a cear. A cidade é preciosa, paga a pena visitala aínda que só sexa para pasear polos canáis, ver o ambiente, as máscaras, as góndolas…

Hoxe tamén poño dúas fotos, unha da Piazza San Marco, coa Basílica e o Campanile de fondo, e a segunda das columnas de San Marcos e San Teodoro. A ver cando podo poñer fotos vosas!

Pois nada, que mañá seguimos coa crónica. Ci vediamo ragazzi!

Día 3: Segundo día en Firenze

E seguimos coa crónica da viaxe. O segundo día, como tiñamos menos cousas que ver quedamos un rato máis durmido e baixamos a almorzar un pouco máis tarde, e menudos almorzos… sen dúbida o mellor do hotel!

E fumos á piazza della Signoria por segunda vez, e logo por terceira vez porque esqueceramos as pilas da cámara no hotel. Na piazza está o Palazzo Vecchio, a Loggia della Signoria, (unha especie de museo escultórico ó aire libre) e a Galeria Uffizi, na que é mellor ter reservadas as entradas se non queredes facer unha cola de máis dunha hora como tivemos que facer nós. Neste museo podedes ver entre outras cousas «O nacemento de Venus» (Miguel, como nos acordamos de tí) e «A primaveira» de Botticcelli, ou «A Anunciación» de Miguel Ángel. Paga a pena velo, aínda que non vos guste moito o arte, o palazzo por dentro é impresionante, e as vistas do ponte Vecchio dende o segundo piso tamén.

E por fin cruzamos o Arno, polo Ponte Vecchio, visitamos a Igrexa do Santo Espírito, e despois de coller unhas focaccias (ese itañolo!) fomos a visitar o Palazzo Pitti. E chega o momento da escaleiras… Despois dunha longa caminata chegamos a Piazzale Michelangelo, un mirador con unha vista privilexiada de toda a cidade, e ata tivemos sorte coa hora, porque estaba anoitecendo e puidemos ver Florencia con outra luz. 

E despois do paseo, parada na Santa croce e volta ó hotel, para logo baixar a cear no mesmo sitio que a noite anterior. Sen dúbida recomendado para cando veñades!

Déixovos aquí dúas fotos, unha do Palazzo Pitti e a outra da vista da cidade dende Piazzale Michelangelo. Prometo ensinarvos algunha das panorámicas que fixemos na seguinte actualización.

A domani!

Día 2: Primeiro día en Firenze

Ola de novo!

Pois agora toca falar de Florencia, capital da Toscana e cidade na que se desarrollou o Renacimiento a partires do século XIV (wikipedia dixit!). É impresionante, non a podedes perder. Seguindo a tónica da viaxe erguímonos cedo e visitamos un montón de sitios: A primeira parada foi a Galería da Academia. Non queriamos ir a Florencia e non coñecer a David! Logo a Piazza da Annunziata, o Duomo, o Campanile, o Baptisterio coa súa «Porta del Paradiso», e como queriamos ver a cidade dente o alto subimos á cúpula do Duomo. A verdade é que os máis de 460 escalóns que hai que subir para chegar ó máis alto se fan longos, pero a vista paga a pena (primeira foto).  

A seguinte parada foi a Igrexa de San Lorenzo, que foi tamén onde paramos a comer, porque atopamos alí na piazza un forno para comprar pizza al taglio e tamén unha gelateria. E seguimos a ruta: Santa María Novella, Piazza della Republica, Orsanmichele, Casa de Dante, Piazza della Signoria, Palazzo Vecchio, e para rematar un paseo polo Arno e unha parada no Ponte Vecchio (segunda foto).

A cea foi nunha pizzeria que nos recomendaron no hotel: comida típica toscana, presuposto axustado e na zona da universidade. Temos o nome para cando veñades por aquí.

E así rematou outro día de turisteo intenso. Pero non pensedes que xa quedou todo visto, quedaban máis museos, máis igrexas, máis prazas, e moitas máis escaleiras…

Ata a próxima!

Día 1: Chegada a Genova

Ola xente! ¿Qué tal?

Como prometera vou contarvos un poco da viaxe que fixemos a semana pasada coñecendo Genova, Florencia e Venecia. Espero non darvos moito a chapa porque a verdade é que son cidades impresionantes (que dan para sacar 515 fotos!…). Os que xa estivestes podedes contar a vosa experiencia, e os que non, tomade notas para cando veñades por aquí.

Pois o primeiro día se fixo bastante curto, entre trens e autobuses, só nos deu tempo a ir a cear un aperitivo, un xeado en Piazza delle Erbe e un paseo polo centro de Genova. A viaxe turística comezou ó día seguinte. Erguímonos cedo e fixemos un percorrido por todo o centro da cidade. Visitamos Piazza De Ferrari, Via Garibaldi, Piazza della Nunziata (con manifestación contra a reforma educativa incluida), o Castell d’Albertis (primeira foto), o Palazzo Reale, o Porto Antico, a Catedral (segunda foto), Porta Soprana, a casa de Cristobal Colón, Piazza dela Victoria… a verdade é que aproveitamos o tempo! Visitamos os monumentos máis importantes, disfrutamos da gastronomía local (todo o día comendo…), e ata tivemos tempo de manifestarnos cos estudiantes italianos, e de coñecer a unha señora moi particular que nos dicía que os da manifestación eran todos uns comunistas.

Ás 3 da tarde xa estabamos de novo na casa pechando as maletas para coller o tren a Florencia. E aquí aprendeu Carlos unha das primeiras frases en italiano desta viaxe: «Annuncio ritardo: il treno numero… delle hore 17:10 per Roma Termini arriverà con 35 minuti di ritardo», ¡Oddio! Por culpa do temporal tódolos trens chegaban con retraso, e aínda tiñamos que chegar a Pisa para facer alí un cambio! Pero todo saíu ben, chegamos a Florencia, chegamos ó hotel, e puidemos baixar a cear algo antes das 10 da noite.

Pois nada rapaces, ata aquí chega a crónica do primeiro día de viaxe. Se queredes saber qué pasou en Florencia non vos perdades a próxima actualización!

A domani!

Para exercitar a vista

Ola xente!

Canto tempo! Xa era hora de vir outra vez por aquí. Xa vos dixera na anterior actualización que marchaba unha semana de viaxe con Carlos para visitar Florencia e Venecia, así que despois do ritmo frenético dos primeiros días isto quedou un pouco morto. Prometo que a partires da próxima actualización ides saber máís desta viaxe, pero non é este o tema que nos ocupa.

Velaquí vos deixo dúas fotos que saquéi das paredes da miña habitación para que afinedes a vista e busquedes en cántas saídes.  Hai premio para @ gañador/a!

Vémonos!

Scoperta dell’Italia

Ciao ragazzi! Come va?

Dopo questo gran numero di attualizazioni, devo dirvi che non ci saranno più fino alla settimana prossima. Ma la causa è buona: una settimana libera per visitare con Carlos una piccola parte di questo paese che ora sto scoprendo. Il programma del viaggio sarà: Due giorni a Genova, tre a Firenze e l’ultimi due a Venezia. Un viaggio rapido con il treno per il Nord del paese. Vi lascio qui il nostro itinerario. Prometo che porterò tanti fotografie!

Cosa pensate dobbiamo vedere?