Ola de novo!
A seguinte parada foi a Igrexa de San Lorenzo, que foi tamén onde paramos a comer, porque atopamos alí na piazza un forno para comprar pizza al taglio e tamén unha gelateria. E seguimos a ruta: Santa María Novella, Piazza della Republica, Orsanmichele, Casa de Dante, Piazza della Signoria, Palazzo Vecchio, e para rematar un paseo polo Arno e unha parada no Ponte Vecchio (segunda foto).
A cea foi nunha pizzeria que nos recomendaron no hotel: comida típica toscana, presuposto axustado e na zona da universidade. Temos o nome para cando veñades por aquí.
E así rematou outro día de turisteo intenso. Pero non pensedes que xa quedou todo visto, quedaban máis museos, máis igrexas, máis prazas, e moitas máis escaleiras…
Ata a próxima!


¡Que maja que es!
E me deixas para min as anécdotas da lente de contacto voladora na cúpula do Duomo e dos mosquitos tigre do cuarto do hotel. Iso, que igual que no comentario anterior, estas anécdotas tan divertidas poderedes velas no meu bloguete, un día destes (non vos preocupedes, que non será moi tarde… a miña memoria non o permitiría!)
Faltouche tamén o comentario sobre os xelados de Florencia, jeje. A verdade, dáme a impresión de que só estou pensando na comida de Italia… Pero que comida, mi má! Case tan boa como a da casa!
E a ver se a educación mellora nalgúns sitios, que hai moito rapaz cabroncete polo mundo adiante! Para máis información… bueno, xa o saberedes!