Día 6: Volta a casa

E así remata a nosa viaxe, despois de 515 fotos, 7 trenes, 2 hoteles, incontables pizzas, focaccias e xelados, máis de 900 kilómetros percorridos (sen contar os 1800 que nos separan de Coruña), museos, prazas, palazzos… e como no anuncio da Master Card, a experiencia é a que non ten prezo. Espero que esta crónica serva para animarvos a vir por aquí, alomenos a min valeume para recordar todo o que vin nestes días e repasar tódalas fotos un par de veces. A de hoxe é da estación de Santa Lucia en Venecia. Cando queirades a vedes en persoa. Bicos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.