Pois como din por aí, «that’s all folks«, ou o que é o mesmo, «iso é todo amigos», alomenos de momento.
Hoxe 19 de decembro ás 9:10 da mañá collerei un tren dende Genova que me levará a estación central de Milano, para logo coller un autobús ata Malpensa, e despois de dous avións ata Santiago, estaréi por fin na casa polo nadal.
Esta vez si que non son quen de escoller un par de fotos que ilusten todo o que vivín nestes tres meses, así que deixo por aquí un collage con algunhas das máis significativas, e que sexa o Picasa o que escolla por min.

O que vivín nestes case tres meses (89 días) non se podería resumir nunha sóa entrada deste blog, así que todos os que queirades saber máis só tendes que esperar unhas horas a que nos vexamos, e poidamos poñeros ó día. Moitas gracias a todos os que me «visitabades» con frecuencia, non tería desfrutado tanto desta experiencia de non poder compartila con tod@s vós.
De momento esta páxina queda pechada ata o 13 de Xaneiro do próximo ano, porque se María non «è a Genova», isto xa non ten senso.
Tanti baci ragazzi!
María.








