E seguimos coa crónica da viaxe. O segundo día, como tiñamos menos cousas que ver quedamos un rato máis durmido e baixamos a almorzar un pouco máis tarde, e menudos almorzos… sen dúbida o mellor do hotel!
E fumos á piazza della Signoria por segunda vez, e logo por terceira vez porque esqueceramos as pilas da cámara no hotel. Na piazza está o Palazzo Vecchio, a Loggia della Signoria, (unha especie de museo escultórico ó aire libre) e a Galeria Uffizi, na que é mellor ter reservadas as entradas se non queredes facer unha cola de máis dunha hora como tivemos que facer nós. Neste museo podedes ver entre outras cousas «O nacemento de Venus» (Miguel, como nos acordamos de tí) e «A primaveira» de Botticcelli, ou «A Anunciación» de Miguel Ángel. Paga a pena velo, aínda que non vos guste moito o arte, o palazzo por dentro é impresionante, e as vistas do ponte Vecchio dende o segundo piso tamén.
E por fin cruzamos o Arno, polo Ponte Vecchio, visitamos a Igrexa do Santo Espírito, e despois de coller unhas focaccias (ese itañolo!) fomos a visitar o Palazzo Pitti. E chega o momento da escaleiras… Despois dunha longa caminata chegamos a Piazzale Michelangelo, un mirador con unha vista privilexiada de toda a cidade, e ata tivemos sorte coa hora, porque estaba anoitecendo e puidemos ver Florencia con outra luz.
E despois do paseo, parada na Santa croce e volta ó hotel, para logo baixar a cear no mesmo sitio que a noite anterior. Sen dúbida recomendado para cando veñades!
Déixovos aquí dúas fotos, unha do Palazzo Pitti e a outra da vista da cidade dende Piazzale Michelangelo. Prometo ensinarvos algunha das panorámicas que fixemos na seguinte actualización.
A domani!


A verdade é que deste día, o único que teño que engadir é a maxia que ten a autora do blog este. Pensade que para cando estabamos comendo no Palazzo Pitti, o día non era precisamente como o que se ve na segunda foto, senón máis ben oscuriño, e cuberto, sen decidirse a chover ou brillar. A guía que levaba a María dicía que as mellores (e máis románticas) vistas de Florencia había que miralas dende o Piazzale Michelangelo ao solpor. Co día nubrado, iso semellaba complicado, e tampouco estaba moi claro o de que foramos a chegar a tempo para ese espectacular (segundo dicía a guía) momento.
Pero non sei como, de camiño ao Piazzale, despois de non conseguir entrar nuns xardíns que dende fóra parecían moi bonitos (pero custaban 10 €), vai o día, e abre. E onde había nubes, aparece un sol morniño, brillante e alaranxado. E para cando chegamos onda o terceiro David que atopamos en Florencia, pum! a segunda foto de aquí arriba.
Onde hai, hai, e a María é un hacha!