O cuarto día de viaxe comezou cun almorzo tremendo, maletas, e un tren que nos levou ata Venecia nunhas dúas horas e media. Queriamos aproveitar toda a tarde visitando, así que tan pronto chegamos e deixamos as maletas no hotel, buscamos un sitio para comer algo e collimos rumbo á Piazza San Marco.
A pesar da néboa aproveitamos ben a tarde e vimos, primeiro de día, e logo de noite, a plaza máis coñecida de Venecia (sí, había moitas palomas, jej). Polo camiño vimos o Gran Canal e a Ponte de Rialto, e xa na praza, a Basílica de San Marcos (con anécdota incluida), o Palazzo Ducale, coa súa Porta da Carta, o Campanile, a Torre dell’Orologio, as dúas Procurate, as Columnas de San Marcos e San Teodoro, e a Ponte dos Suspiros.
O que nos pasou cando visitamos a Basílica de San Marco, foi que non deixaban entrar a vela con mochila, e como ía case vacía e non queriamos perder tempo indo ó guardaropa e facer de novo a cola, vaciamos todo o que había na mochila e o metimos nos bolsillos, e como non podiamos doblar a bolsa o suficiente como para gardala, Carlos a puxo debaixo da chaqueta, de forma que lle saía unha chepa tremenda. Pois supoño que para non meterse coa famosa chepa o home da porta non nos dixo nada, e entramos a ver a Basílica por dentro. Pois cando estabamos sentados nun banco facendo fotos «de estrangis», coa cámara nas pernas, sen flash e sen sonido, a chepa de Carlos empezou a sonar… Claro, non podiamos quitar a mochila, tampouco podiamos coller o teléfono, así que pasou media hora sonando. Pero non acaba aquí o tema, porque como non podiamos facer nada, cabreeime toda, erguinme con toda a mala leche para sacar dunha vez a mochila, e soltei un «joder» que retumbou en toda a igrexa!… Iso, que a montamos moitísimo.
O camiño de volta ó hotel serviunos para fixarnos nunha trattoria pequena, con pasta e pizza a moi bo precio, así que despois de deixar a «chepa» na casa baixamos a cear. A cidade é preciosa, paga a pena visitala aínda que só sexa para pasear polos canáis, ver o ambiente, as máscaras, as góndolas…
Hoxe tamén poño dúas fotos, unha da Piazza San Marco, coa Basílica e o Campanile de fondo, e a segunda das columnas de San Marcos e San Teodoro. A ver cando podo poñer fotos vosas!
Pois nada, que mañá seguimos coa crónica. Ci vediamo ragazzi!


Vale, aquí me gañaches e xa vexo que contaches a anécdota probablemente máis ridícula da viaxe. Mi madriña, que espectáculo montamos na Basílica!
A verdade, é que tal como o poidamos contar, parece que fixemos moitísimo nesa tarde, cando en realidade non foi tan así: chegamos a mediodía, xustiño para xantar e tratar de atopar a piazza de San Marco, onde polo visto estaba toooodo o que había que ver (ese día). E a praza, carai, que praza! Moi bonita, con orquestras, 8 € por un café nas cafeterías onde tocaban as orquestras (aínda que hai que recoñecer que as cafeterías eran mooooi bonitas), mil palomas ávidas de comida… E o pof! foi cando vimos a Ponte dei Sospiri entre publicidade.
Pero ben, que a min me gustou moito Venecia, non deixaba de repetir que era un concepto totalmente distinto de cidade, e que non o ves en ningún outro lado, ¡tédesvos que animar a ir! Igual non levades tan boa compaña coma min, pero ¡ei! ¡que se lle vai facer, María xa está collida!