Día 2: Primeiro día en Firenze

Ola de novo!

Pois agora toca falar de Florencia, capital da Toscana e cidade na que se desarrollou o Renacimiento a partires do século XIV (wikipedia dixit!). É impresionante, non a podedes perder. Seguindo a tónica da viaxe erguímonos cedo e visitamos un montón de sitios: A primeira parada foi a Galería da Academia. Non queriamos ir a Florencia e non coñecer a David! Logo a Piazza da Annunziata, o Duomo, o Campanile, o Baptisterio coa súa «Porta del Paradiso», e como queriamos ver a cidade dente o alto subimos á cúpula do Duomo. A verdade é que os máis de 460 escalóns que hai que subir para chegar ó máis alto se fan longos, pero a vista paga a pena (primeira foto).  

A seguinte parada foi a Igrexa de San Lorenzo, que foi tamén onde paramos a comer, porque atopamos alí na piazza un forno para comprar pizza al taglio e tamén unha gelateria. E seguimos a ruta: Santa María Novella, Piazza della Republica, Orsanmichele, Casa de Dante, Piazza della Signoria, Palazzo Vecchio, e para rematar un paseo polo Arno e unha parada no Ponte Vecchio (segunda foto).

A cea foi nunha pizzeria que nos recomendaron no hotel: comida típica toscana, presuposto axustado e na zona da universidade. Temos o nome para cando veñades por aquí.

E así rematou outro día de turisteo intenso. Pero non pensedes que xa quedou todo visto, quedaban máis museos, máis igrexas, máis prazas, e moitas máis escaleiras…

Ata a próxima!

Día 1: Chegada a Genova

Ola xente! ¿Qué tal?

Como prometera vou contarvos un poco da viaxe que fixemos a semana pasada coñecendo Genova, Florencia e Venecia. Espero non darvos moito a chapa porque a verdade é que son cidades impresionantes (que dan para sacar 515 fotos!…). Os que xa estivestes podedes contar a vosa experiencia, e os que non, tomade notas para cando veñades por aquí.

Pois o primeiro día se fixo bastante curto, entre trens e autobuses, só nos deu tempo a ir a cear un aperitivo, un xeado en Piazza delle Erbe e un paseo polo centro de Genova. A viaxe turística comezou ó día seguinte. Erguímonos cedo e fixemos un percorrido por todo o centro da cidade. Visitamos Piazza De Ferrari, Via Garibaldi, Piazza della Nunziata (con manifestación contra a reforma educativa incluida), o Castell d’Albertis (primeira foto), o Palazzo Reale, o Porto Antico, a Catedral (segunda foto), Porta Soprana, a casa de Cristobal Colón, Piazza dela Victoria… a verdade é que aproveitamos o tempo! Visitamos os monumentos máis importantes, disfrutamos da gastronomía local (todo o día comendo…), e ata tivemos tempo de manifestarnos cos estudiantes italianos, e de coñecer a unha señora moi particular que nos dicía que os da manifestación eran todos uns comunistas.

Ás 3 da tarde xa estabamos de novo na casa pechando as maletas para coller o tren a Florencia. E aquí aprendeu Carlos unha das primeiras frases en italiano desta viaxe: «Annuncio ritardo: il treno numero… delle hore 17:10 per Roma Termini arriverà con 35 minuti di ritardo», ¡Oddio! Por culpa do temporal tódolos trens chegaban con retraso, e aínda tiñamos que chegar a Pisa para facer alí un cambio! Pero todo saíu ben, chegamos a Florencia, chegamos ó hotel, e puidemos baixar a cear algo antes das 10 da noite.

Pois nada rapaces, ata aquí chega a crónica do primeiro día de viaxe. Se queredes saber qué pasou en Florencia non vos perdades a próxima actualización!

A domani!

Para exercitar a vista

Ola xente!

Canto tempo! Xa era hora de vir outra vez por aquí. Xa vos dixera na anterior actualización que marchaba unha semana de viaxe con Carlos para visitar Florencia e Venecia, así que despois do ritmo frenético dos primeiros días isto quedou un pouco morto. Prometo que a partires da próxima actualización ides saber máís desta viaxe, pero non é este o tema que nos ocupa.

Velaquí vos deixo dúas fotos que saquéi das paredes da miña habitación para que afinedes a vista e busquedes en cántas saídes.  Hai premio para @ gañador/a!

Vémonos!

Scoperta dell’Italia

Ciao ragazzi! Come va?

Dopo questo gran numero di attualizazioni, devo dirvi che non ci saranno più fino alla settimana prossima. Ma la causa è buona: una settimana libera per visitare con Carlos una piccola parte di questo paese che ora sto scoprendo. Il programma del viaggio sarà: Due giorni a Genova, tre a Firenze e l’ultimi due a Venezia. Un viaggio rapido con il treno per il Nord del paese. Vi lascio qui il nostro itinerario. Prometo che porterò tanti fotografie!

Cosa pensate dobbiamo vedere?

Felicidades Jesús

Está claro que un blog non sería un blog sen as súas correspondentes dedicatorias, así que como hoxe é 26 de outubro imos adicar unhas liñas a felicitar a Jesús.

«Il mio amico si chiama Jesús e fa l’avvocato». Así se diría en italiano, ou sexa, fai de avogado, pero tampouco me vou arriscar a dicir que o é… non fun con él a clase… traballa nun despacho e ás veces vai ós xulgados… non podería asegurar nada… Está ben, sen comprometerse a nada, jaj.

Pois nada rapaz, que moitas felicidades. Desfruta deste día e de tódolos que veñan despois, que xa son 25 anos! Xa me dirás que se sinte despois de ter vivido un cuarto de século, que nuns meses estaréi igual ca ti. Celébrao por todo o alto, e garda un pedaciño de tarta para min. Os tiróns de orellas os reservo para decembro.

Moitos bicos!

Ebano

¡Ola xente! ¿Qué tal?

Hoxe toca actualización musical: Hai uns días en clase de italiano estivemos falando de cómo é a situación da inmigración en Italia. Lemos algunhas noticias da prensa, e logo escoitamos esta canción para contextualizar un pouco o tema. A letra é algo dura, pero paga a pena escoitala porque é moi bonita e te fai parar a pensar. Ó mellor os que traballades con xuventude ou inmigración podedes empregala para algunha actividade.

Ata a próxima xente!

EBANO – MODENA CITY RAMBLERS

Sono nata dove la pioggia porta ancora il profumo dell’ebano
Una terra là dove il cemento ancora non strangola il sole
Tutti dicevano che ero bella come la grande notte africana
E nei miei occhi splendeva la luna, mi chiamavano la Perla Nera…

A sedici anni mi hanno venduta, un bacio a mia madre e non mi sono voltata
Nella città con le sue mille luci per un attimo mi sono smarrita…
Così laggiù ho ben presto imparato che i miei sogni eran solo illusioni
E se volevo cercare fortuna dovevo lasciare ogni cosa

Ebano…
Jack O’s bar, Parade hotel, from me une
Ebano…

Spesi tutto quello che avevo per il viaggio e per i miei documenti
A palermo nel ’94 eravamo più di cento giù al porto…
Raccoglievo le arance e i limoni in un grande campo in collina
Lavoravo fino a notte inoltrata per due soldi e una stanza nascosta

Ebano…

It’s a long long night
It’s a long long time
It’s a long long road
Ebano…

Poi un giorno sono scappata verso Bologna con poca speranza
Da un’amica mi sono fermata, in cerca di nuova fortuna
Ora porto stivali coi tacchi e la pelliccia leopardata
E tutti sanno che la Perla Nera rende felici con poco…

Ebano…
Jack O’s bar, Parade hotel, for me une
Ebano…
Ebano…
It’s a long long night
It’s a long long time
It’s a long long road
Ebano…

Perciò se passate a Bologna, ricordate qual è la mia storia
Lungo i viali verso la sera, ai miei sogni non chiedo più nulla
Ebano…

[audio:https://mariaengenova.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2008/10/modena-city-ramblers-ebano1.mp3]

Il pesto alla genovese

Oggi nel corso d’italiano abbiamo imparato come preparare il pesto alla genovese. È in italiano ma lo scriverò comunque perché è facile da capire. Prometto che proverò a prepararlo prima di natale!

La prima ricetta scritta del pesto risale alla metà dell’800 e da allora non è cambiata. Per fare il vero pesto alla genovese usiamo un mortaio di marmo e un pestello in legno. Per prima cosa laviamo quattro mazzi di basilico. Stacchiamo le foglie e le mettiamo ad asciugare. Prendiamo l’aglio, uno spicchio ogni trenta foglie di basilico e lo mettiamo nel mortaio. Poi aggiungiamo il sale groso e le foglie, un po’ alla volta. Li pestiamo ruotando leggermente il pestello. Prendiamo una manciata di pinoli e la aggiungiamo. Infine, usiamo il parmegiano reggiano e il pecorino sardo: li grattuiamo e li mescoliamo dentro al mortaio, insieme al olio d’oliva. Il pesto è pronto!

La prossima settimana vi dico come preparare il tiramisu!

Oggi a lutto sempre in lotta

Ola xente!

Esto era o que pasaba hoxe ás 5 da tarde diante das oficinas da universidade de Genova en Via Bensa. A protesta contra a reforma educativa e os recortes de presuposto fixo que hoxe se concentraran en Via Balbi 4 un grupo numeroso membros da universidade que formaban a comitiva fúnebre no enterro da universidade pública. Ó final do camiño, na Piazza De Ferrari, se encontrarían con mestres e alumnos doutros nivéis de educación para protestar xuntos contra a reforma.

A reforma do sistema educativo prevé entre outras cousas, a eliminación de casi 100.000 postos de traballo, á volta ó mestre único para rapaces de entre 6 e 11 anos, e o recorte duns 8.000 millóns de euros nos presupostos de educación para o próximo ano. Outra medida polémica é a proposta de facer un exame de italiano ós fillos dos inmigrantes e poñer en clases distintas ós que non dean o nivel. A resposta de Berlusconi: «Non é racismo, senon sentido común».

Berlusconi declarou que a ocupación das sedes educativas é unha violencia que non pode ser tolerada, e amenazou con usar a forza pública para disuadir ós manifestantes, pero isto non servíu máis que para alentar á xente a sair á rúa. Toda Italia está movilizada: Milán, Roma, Nápoles, Turín, Siena, Perugia, Palermo, Bari, Pisa, Cagliari…

¿E tí, qué opinas da reforma?

Unha fiestra en Genova

Ola de novo!

Está claro que a min o que me gusta é subir fotos ó blog, jej. Pois ésta e do día que chegamos ó piso, a vista que teño dende a fiestra da miña habitación. Teño que mirar de facer un curso de fotografía porque vedes que na primeira hai un cacho de dedo, e a segunda saiu torcida porque me tiven que descolgar un pouco para sacala. Bueno, podedes facervos unha idea, e se non xa sabedes, en directo se ve mellor! (Para que vos fagades unha idea dos desnivéis que hai en Genova, vivimos nun baixo!)

Ciao ragazzi, ci vediamo!