Oggi a lutto sempre in lotta

Ola xente!

Esto era o que pasaba hoxe ás 5 da tarde diante das oficinas da universidade de Genova en Via Bensa. A protesta contra a reforma educativa e os recortes de presuposto fixo que hoxe se concentraran en Via Balbi 4 un grupo numeroso membros da universidade que formaban a comitiva fúnebre no enterro da universidade pública. Ó final do camiño, na Piazza De Ferrari, se encontrarían con mestres e alumnos doutros nivéis de educación para protestar xuntos contra a reforma.

A reforma do sistema educativo prevé entre outras cousas, a eliminación de casi 100.000 postos de traballo, á volta ó mestre único para rapaces de entre 6 e 11 anos, e o recorte duns 8.000 millóns de euros nos presupostos de educación para o próximo ano. Outra medida polémica é a proposta de facer un exame de italiano ós fillos dos inmigrantes e poñer en clases distintas ós que non dean o nivel. A resposta de Berlusconi: «Non é racismo, senon sentido común».

Berlusconi declarou que a ocupación das sedes educativas é unha violencia que non pode ser tolerada, e amenazou con usar a forza pública para disuadir ós manifestantes, pero isto non servíu máis que para alentar á xente a sair á rúa. Toda Italia está movilizada: Milán, Roma, Nápoles, Turín, Siena, Perugia, Palermo, Bari, Pisa, Cagliari…

¿E tí, qué opinas da reforma?

3 comentarios en “Oggi a lutto sempre in lotta

  1. O Berlusconi é un artista, como diría Nuria. Un crack! Que hai crise, pois toma recorte de orzamentos! Nalgunha partida «secundaria» do governo? Noooon! Na educación! Tooooooma! Un crack, o que vos dicía…

    PD: Felicidades! Xa levas un mes e un día en Italia! (agora que, dito así, semella unha condea, hehe)

  2. olaaaaaaaa!! comento sobre este tema aquí, porque é onde corresponde…logo xa falo do pesto no outro 😛

    pois o q acontecía por italia é case unha copia do q está a acontecer agora en españa, pero a nivel universitario. o mércores concentrábanse preto de 2000 persoas en Santiago para manifestarse contra o proceso de Bologna. A situación é un tanto complicada, xa que hai moita desinformación e manipulación segundo quen fale do tema.

    A miña opinión?? Pois bipolar: sen dúbida o sistema universitario precisa dun cambio! E Bologna é unha grande ocasión para facelo. Máis autonomía para o alumno, máis importancia das titorías, máis peso dos traballos e seminarios e menos ós exames, máis traballo en grupo, máis formación extraacadémica (idiomas, informática…) etc. O cambio é duro, non estamos acostumados, pero creo que é positivo.

    A parte negativa: como sempre a organización e a loxística, sen dúbida claves para q todo saia adiante. Os profesores non colaboran demasiado (polo menos ata o de agora), os presupostos non se axustan á realidade (pensan q con cambiar os plans de estudio xa abonda), hai moitísima desinformación e incertidume en toda a xente (q non sabe q vai pasar)… e logo, carreiras de catro anos (con moita carga práctica, q recairá en empresas privadas)…que se completarían cun máster (será prácticamente necesario ter un máster para acceder ó mundo laboral)…pero non hai másters públicos! nin suficientes bolsas para todos!! non se pode deseñar un sistema de formación que dependa en tan grande medida de iniciativas privadas!! sobre todo co que custan os máster bos…

    enfin, que crack é berlusconi….pero temos aquí tamén moitos cracks ser ir tan lonxe…Esperanza Aguirre reducirá un 30% as inversións na universidade na Comunidade de Madrid… e olé! E non ha tardar zapatitos en recortar de aí tamén…

    ai queda! bicoooooooooooos!!

  3. Carai! Así da gusto! Este comentario precisaría ser un post con autonomía propia! Así podo enterarme do que acontece por España, que estou perdidísima! A ver qué pasa co plan Bologna, non sabemos nada e xa é inminente… Esperamos polas túas novas. Ciao!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.