Ola xente, qué tal?
Por aquí todo ben, como sempre, disposta a aproveitar o que me queda desta última fin de semana en Italia antes das vacacións de nadal!! Pois como xa facía tempo que non tiñamos unha actualización gastronómica, xa tocaba falar de comida por aquí, e coma sempre, falaremos de comida italiana, mmm… Así que hoxe lle toca o turno á focaccia. Di a wikipedia (qué queredes que faga, é sempre a primeira entrada que sae no google…) que é…
…una especie de pan plano cubierto con especias y otros productos alimenticios. Se trata de un plato muy tradicional de la cocina italiana, muy relacionado con la popular pizza. La receta básica de este preparado se cree que procede de los antiguos Etruscos o los antiguos griegos, no obstante es considerado como una famosa delicia de la cocina de Liguria, denominada fûgassa en lengua ligur. La especialidad local denominada «focaccia con formaggio» (focaccia con queso) se elabora frecuentemente en Recco, localidad cercana a Génova.
E como xa se sabe que unha imaxe (ou dúas) vale máis que mil palabras…


…poño por aquí dúas fotos: a primeira sacada de internet, dunha focaccia con rosmarino, e a segunda de Carlos almorzando focaccia na Piazza della Nunziata en Genova.
Outros datos de interese sobor das focaccie:
- Aquí se comen durante todo o día: a media mañá, pola tarde de merenda, de comida cando non hai tempo para máis…
- As mellores que comín eu son dun panificio da praza Paolo Da Novi, ó lado da miña casa.
- Algunhas persoas con sorte as van cear o próximo venres recén traídas dese forno (espero que non sufran moito nos traslados).
- Son o que mellor entra de cea/almorzo despois de sair e antes de ir para cama, mmm…
Pois xa sabedes, se queredes saber máis das focaccie só tendes que facerme unha visita, que eu prometo levarvos de viaxe gastronómica! Bicooos!









