A verdade é que o tempo pasa rapidísimo. Parece que acabo de chegar a Genova cun millón de maletas e non saber nin papa de italiano, e xá estamos a 19 de novembro… a viaxe interminable (sen que nos firmaran a Compostelana, jej), a chegada ó ostello no monte máis alto da cidade, a busqueda de piso, coñecer xente nova, facer novos amigos, a Piazza delle’Erbe, descubrir a cidade, apender o idioma, o papeleo Erasmus, a facultade, as clases de italiano, as vacacións, o pesto, a pizza a focaccia e os gelati, os buses, as motos, o paseo marítimo, os aperitivi no Palazzo Ducale, os cafés Lavazza, as ofertas do super…
É imposible describir todo o que está acontecendo por aquí, é todo distinto pero á vez moi parecido… e todo o que nos queda por vivir… A verdade é que a experiencia paga a pena, recoméndolla a todo o mundo.
Pois nada xente, que o día 19 de decembro de 2008 ás 19:55, se non hai folgas, retrasos, aeroportos pechados ou otro tipo de incidentes, estaréi de novo en Coruña (bueno, concretamente no aeroporto de Lavacolla en Santiago), e quedo por aí 24 días, ata o 12 de xaneiro pola noite, así que temos tempo de vernos, de contarnos, poñernos ño día, e comer pasta e pizza a fartar, prometo poñerme ó día en cociña Ligur, aínda que é moi probable que os primeiros días os adique á tortilla de papá e ás filloas de mamá, jej.
¿Algún proxecto para estas datas? Eu xa vou facendo unha lista… As fotos de hoxe son do aeroporto de Barajas, cando estabamos esperando polo avión de Milán, e unha do paseo marítimo da Coruña, concretamente da zona do Orzán, xa que Montealto é o verdadeiro centro da cidade, non as periferias esas de Peruleiro ou Matogrande, jej…
Xa me contaredes as novedades. Bicos!

