Ola xente, qué tal? Seguro que aproveitando a tope da fin de semana, como ten que ser, que tamén o merecemos. Pois para seguir de bo humor, hoxe unha foto moi simpática que atopei na Voz de Galicia.

Esta foto é unha das presentadas este ano ó concurso de «fotos-chapuzas» da Voz de Galicia. Seguro que recordades ter visto algunha das do ano pasado. O comentario que a acompaña é o seginte:
Os cruces de camiños non sempre son doados. As veces o conductor non coñece quen ten prioridade de paso. Outras, son as propias sinais as que provocan certa confusión. Así ocorre en Labacengos, no termo municipal de Moeche (A Coruña), onde a clásica sinal de Stop foi arranxada por algún espontáneo.
Se tendes un rato morto e queredes seguir rindo, hai moitas máis e máis fotos que participan neste concurso. Que as disfrutedes!!
PD: Viva Juan Bosco!, viva Juan Bosco!, viva! yeeeea!!
Menos mal que o cartel é dunha estrada galega! Porque xa todos sabemos que dá igual o que poñan os sinais, non? Como os galegos non sabemos se imos ou vimos…
Pois nada, chica, a desfrutar da mañá do sábado (aí durmindo…) que seguro que onte chegaches ben tarde á casa. Ai, esas noites italianas, esa mala vida!
Pásao ben, xa falaremos.
Sabías que non me decatara de que era Don Bosco até ben entrado o día?
Moeche, como sabes, está al lado de Somozas.