Escapada ás Rías Baixas

E tamén en nadal puidemos desfrutar dun par de días de viaxe por aí. Non moi lonxe, que non tiñamos tempo nin presuposto, pero quedara pendente porque dixeramos…

 12+1.- Facer algunha excursión pola zona.

En 2 días visitamos case que tódas as cidades galegas. Comezamos a primeira hora do luns visitando Ferrol, porque tiña que facer unhas xestións de última hora (a ver se por fin me conceden unha beca…), e logo directos a Santiago, que quedaba a medio camiño e xa coñeciamos un sitio que nos gustaba para comer (Aida, gracias pola recomendación). Fotos de rigor na catedral, un paseo pola zona vella, e coas pilas cargadas marchamos directos a Sanxenxo.

img_1760

O hotel impresionante, de verdade, recomendado. Está moi ben e ademáis teñen moitas ofertas de fin de semana en temporada baixa. Déixovos por aquí unhas fotos da habitación para que o vexades.

En recepción nos dixeran que para o Spa tiñamos que pedir cita antes, así que deixamos as cousas na habitación e baixamos correndo. A verdade é que aproveitamos o tempo, ¡4 horas debaixo da auga! E logo todos enrrugados baixamos ó centro de Sanxenxo a cear algo, para dar por rematado o primeiro día da excursión.

img_1769

O segundo foi máis de ruta. Primeiro un mega-almorzo bufet no que fixemos como catro ou cinco viaxes cada un para encher os pratos, e claro, ata as doce na cama que non nos tiñamos en pe! Collemos o coche rumbo a Combarro, logo Pontevedra onde comimos, e rematamos o día facéndolles unha visita a Nuria e a Fer en Ourense.

img_1801

img_1862

A ver se vos dou envexa coas fotos e vos animades a ir por aí de viaxe… ¿a Genova tal vez?…jej.

Bicos a tod@s!

2 comentarios en “Escapada ás Rías Baixas

  1. Pero qué guapos!!

    Breve comentario, pero no me gusta psar por aquí, leerte y no decir al menos ‘hola’… Esos viajecillos son los mejores, nuca sabes muy bien lo que verás, o dónde acabarás, pero la compañía los hace amenos… (y un spa tb influye, eh, jeje)… sabéis poco vosotros…
    Después de que visitéis tanto ese estupendo lugar para comer en Santiago, la que queda es que vayamos todos juntos un día, que aún queda M.A. por allí y la salida de todosetodas JUNTOS por la ciudad compostelana aún no la hicimos!!

    Un abrazo y ánimo con los exámenes

  2. Es verdad, que yo todavía no salí por Santiago más que el día aquel del concierto de M Clan. Queda pendiente para este verano, que ya sabréis que que está propuesto hacer el camino. Podemos culminar la última etapa con un plato combinado en el Galeón, y luego disfrutando de la noche Compostelana…
    Hablaremos durante la semana del otro viaje que tenemos pendiente, a ver si podemos organizarnos antes del viernes para pillar los vuelos, porque que sepais que otra noche que también promete es la genovesa 😉
    Bicos para todos, pero más para los que comentan, jej.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.