Nadal en Coruña

Ola rapaces, qué tal?

Por aquí todo ben, continuando co estudio despois do exame de onte (no que saquei un 30 por certo, jej). O seguinte é o próximo luns, de Macchine 1. É bastante materia, e se corresponde coa metade dunha das asignaturas de España, e como alí é bastante chunguilla haberá que poñerse a pilas.

Hoxe vou continuar coa crónica de actividades deste nadal, repasando a lista que fixera un mes antes de marchar. ¿Recordades ter lido isto?

9.- Dar un paseo moi longo polo pase marítimo, dende o Milenium ata a Torre, xusto cando anoitece, para ver tódalas luces da cidade.

Pois tamén houbo tempo para pasear por Coruña, e aquí tendes algunhas fotos que o demostran. ¿A que está chula Coruña coas luces de nadal?

img_1728

img_1736

img_1753

Oh! Cómo me gusta o nadal, qué pena que xa pasase… Menos mal que temos un ó ano, jej. Baci da Genova ragazzi! Ci vediamo!

Un comentario en «Nadal en Coruña»

  1. O Nadal mooola! As luces, o frío e xuntarse a quen levas ao lado para soportalo mellor, a xente que vai con présa porque chega tarde a quedar coa súa xente… E este ano volveron co Nadal os paseos loooongos! Canto me gustou!

    E a verdade é que as fotos son ben chulas, si (e ti non tes cara de frío, nin nada, jeje!). A seguir así, María, que tes un blog estupendo (e unhas actualizacións que emocionan).

    Noraboa por ese trinta! Abaixo coa Electrónica! Yes we can! Podeeeeemoooooos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.