Catedral de San Lorenzo

Ola de novo!

Quero que vexades un par de fotos dos primeiros días de turisteo que tivemos aquí en Genova. Aquí tendes a Catedral de San Lorenzo, «de pedra branca e negra, unha obra mestra de estilo gótico sobre unha planta románica anterior». Din que no seu interior está o Tesoro de San Lorenzo, e o «Sacro Catino», segundo algúns o Santo Grial. Ós lados da escalinata hai dous leóns de pedra, que foron esculpidos por un artista Genovés.

E ata aquí o noso momento cultural da semana, jej. Se queredes saber máis, podedes buscar pola rede ou vir para vela en persoa. Os mellores xeados que probei en Genova están só a uns pasos!

Vémonos!

PD: Sí, o que se ve ó fondo son as luces de nadal, sí que son previsores os italianos…jej.

2 comentarios en “Catedral de San Lorenzo

  1. COMENTARIO DE PERSOA DE 15 ANOS: ¡Prime!

    COMENTARIO DE PERSOA DA MIÑA IDADE:
    A verdade é que me custou distinguir as luces de Nadal, o león este con cara de Hugh Grant tíñame atrapado de todo.

    Catedral bonita, pero como a de Compostela!! O que sí me gustou de verdade foi o detalle dos leóns!

    Máis bicos!

  2. Os leóns lémbranme ós do congreso dos deputados hehe. E ¿que gardan os leóns na igrexa? porque se eres pecador, deixaránche entrar igual, para ser perdoado 😛

    Moi chula a catedral! Quero vela en persoa! 🙂

    E hoxe vin, en ‘Pórtico’ de Santiago, o primeiro escaparate navideño da tempada! mimá, xa me pareceu esaxerado…en xénova xa nin che conto! en alemaña por esta época tiñan todo cargadiño de cabazas e outono (polo halloween)…e xusto cando remata, enchen todo de nadal

    bicoooooo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.