Palagym Don Bosco

Ola xente, ¿qué tal?

Eu estou con enerxias renovadas despois de ir ó ximnasio. Resulta que a universidade de Genova ten un Centro Universitario Sportivo (C.U.S. Genova), no que se es Erasmus e pagas unha cuota de 20 €, podes participar nunha actividade que escollas durante todo o ano. Pois resulta que unha desas actividades é un ximnasio que hai preto da nosa casa, coas máquinas e as clases: de Step, Pump, TBW, Stretching, Addominali, Pilates… ¿E como se chama o sitio? PalaGym Don Bosco, non podía ser doutra maneira, jaj.

De momento non levei a cámara ás clases, así que vos deixo unha foto que atopéi por internet da sala de máquinas. Xa vos informarei dos meus progresos deportivos. Vémonos!

3 comentarios en “Palagym Don Bosco

  1. Jeje, é que a familia salesiana ten de todo! Ata nos ten a nós nas súas filas! Onde non chegue Don Bosco, seguro que non chega ninguén!

    Mira que cho cambiaba gustoso, a verdade! Eu aquí, tan apalancado, tan sen facer nada salvo mirar para as pantallas… tan no traballo… E aí o ximnasio, con xente movéndose, facendo exercicio… Coido que teño que ir dunha vez regularmente a facer deporte, que pra cando volvas a ver se non me queres! O que non contas é que o do ximnasio é polos xelados e os panetones italianos, eh, pilla!

    Un bico, xa falaremos!

  2. ¿Cómo que xeados e panettones? Así non se pode, xa me acabas de delatar… Pois de momento non faltei ningunha semana ó ximnasio, vou alomenos dúas veces, mércores e venres, sempre a clases de step e facendo máquinas antes. Pártome co profe, está sempre perdidísimo, non recorda os pasos que monta dunha vez para outra, e cada vez que es equivoca as vellas se cabrean todas e lle botan a bronca, jaj.
    Ademáis estoy aprendendo moito italiano: «Da capo», «tre ginocchi»… Anímate a «estrenar» o teu carné da Casa da Auga! jej

  3. Mira qué casualidad! ¿No hay algún colegio que se llame San Juan Bosco?
    ¿y Salesianos?.
    En todo caso, yo creo que lo del gimnasio no te hace falta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.