Ben tornati!!

Pois á fin chegou o día de voltar a Genova despois desta lunga escapada de fin de semana (de 5 días!!)

A verdade é que non teño moito que contar desde día. Pola mañá tocou non madrugar e tocar un pouco a guitarra no campecho, logo trenette ó pesto genovese da avoa de Chiara, un café, un pouco de sobremesa, despedirnos dos avós de Chiara que tan ben nos acolleran na súa casa… e carretera!!

soanne-img_1689-150

soanne-img_1687-148

Unhas 5 horas máis tarde estabamos xa na casa recuperando forzas para a semana de clases que comezaba, e tentando acostumar ó estómago a comidas máis racionáis (aínda que a avóa de Chiara o puxera difícil co paquete de biscotti que nos meteu na maleta…).

soanne-img_1033

E ata aquí a crónica destas vacacións en Soanne. Espero que disfrutasedes do relato e das fotos, e coma sempre… mañá máis rapaces. Un bacione!!

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.