Ola xente! ¿qué tal de semana?
Xa levaba tempo sen ensinarvos unha foto de Genova e a verdade é que a cidade merece algunha homenaxe de cando en vez, así que hoxe os vou levar a dar unha volta polo porto. Como é panorámica sae bastante pequena, pero se pulsades sobre ela podedes ver por exemplo, a Lanterna (o faro que sae no medio), que sendo unha cidade aberta ó mar é un símbolo característico da vila, moitos yates, o solpor… Unha chulada, vamos. Non hai moito que poida dicir ou amosar cunha foto, deberiades estar aquí para velo… ¿Qué tal se vindes a velo?
That’s all folks!

Vale, aquí estou! Era só para mandarche un bico e deixar constancia por escrito de que quero esa vista en vivo e en directo… Tés que telo en conta a vindeira vez que este coruñés se pase por Génova… E unha focaccia para acompañar!
Moito ánimo con este martes! Que só dura 24 horas!
Un bico!
PD: Vaia lío isto do Facebook! Onde aprendería Dani tanta cousa! Aínda que a verdade é que hai moita xente por aí, eu até atopei a antigos compañeiros de clase!
Queda apuntado para la próxima visita: Puerto, acuario, paseo marítimo, Portofino tal vez… Vas a tener que venir más días para que nos de tiempo a todo… Sólo nos queda un mes… Bicos!