Ola xente, qué tal?
Antes de nada toca explicar o título do post de hoxe: Sabedes por qué a Genova lle chaman a «superba». Pois superba significa soberbia, e o nome ven de que a cidade está encaramada á montaña, asomándose ó mar, de modo que se chegas en barco semella que te mira dende o alto, como presuntuosa. ¿Curioso, eh? Pois todo isto ven simplemente a que o día do que vos vou falar foi o que dedicamos Carlos, Miguel e máis eu a visitar os monumentos máis coñecidos da cidade. Imos aló!



A primeira parada do percorrido era en teoría Corso Italia e Boccadasse, pero o mal tempo fixo que dedicaramos a xornada ós monumentos máis destacados da cidade. De todas maneiras non quixemos que Miguel pasara por Genova sen ver o paseo marítimo, así que salimos un pouco do percorrido habitual e baixamos pola Fiera di Genova (a feria de mostras). As paradas foron as habituáis: Piazza de Ferrari, Gallería Mazzini, Via Roma, Piazza Fontaine Marose, Via Garibaldi, Splanata Castelletto, Piazza della Annunziata (e parada para probar a focaccia seca), Porta dei Vacca, Via del Campo, tenda de Fabrizio de Andrè, Piazza de Caricamento, Palazzo San Giorgio, paseo polos vicoli, Catedral de San Lorenzo (e parada para probar a focaccia formaggio di Recco), Chiesa di San Matteo, Porta Soprana, casa de Cristoforo Colombo, Chiostro Sant’Andrea, Santa María di Carignano, S. Giacomo, un paseo por Via Andrea Podestà por enrriba de Via XX Settembre ata a igrexa di Santo Stefano, e por último (e non sen tempo…) un pouco de exercicio na pista de xogos do parque que hai no viale IV Novembre.

Buf! A verdade é que só con lelo xa da fatiga ¿non? Pois menos mal que para descansar tiñamos o aperitivi do Palazzo Ducale, e logo un gelato de la Cremeria delle Erbe. A questo punto, xa servidiños de comida italiana, chegounos a hora de ir para casa, que ó día seguinte tocaba ir a Montecarlo, e precisábamos repoñer forzas para aproveitar a viaxe ó máximo.
Desfrutade das fotos. Un besiño xente, ata mañá!!