Festa del primo maggio a Soanne

Segundo día en Soanne, festa do primeiro de maio, día do traballo. Polo visto en Italia, a tradición na Festa dei Lavoratori non è tanto manifestarse, como xuntarse con amigos e familia e facer unha churrascada (iso que temos en común italianos e españoles, que non perdemos nunca a ocasión de facer unha paparotada…).

soanne-img_0933-117-118

soanne-img_0945-129-130

A diferencia fundamental é que nas nosas churrascadas entre facer as brasas, a carne, as patacas e a ensalada, poñer a mesa, que se senten todos a comer… acaban dando as catro da tarde. Os italianos en cambio xa están ás 10 facendo as brasas, así que ás 12 xa estabamos todos sentadiños e comendo. O menú: unhas bruschette de tomate e aceitunas negras para comezar (co pan tostadiño nas brasas, mmmm…), e logo como prato forte costilletas de cerdo, salchichas e ensalada. Cómo nos puxemos!

soanne-img_1670-131

Despois de comer tocou dar unha volta pola zona para facer a dixestión. A paisaxe é preciosa, verdade?

soanne-img_1682-143

soanne-img_1706-167

Coa comida xa asentada collimos o coche e puxemos rumbo a San Leo. É un piccolo paese da rexión das Marcas, que se atopa na cima dun monte, a unha altura duns 538 metros. Recibe este nome por San Leone, que chegou á zona no século II para predicar o cristianismo. A fortezza di San Leo albergou durante séculos a personaxes moi importantes, como San Francisco de Asis, Dante Alighieri, Lorenzo Medici, o Cagliostro, un famoso alquimista do século XVIII que foi encarcelado pola inquisición. A visita ó castelo interesante, a exposición dos instrumentos de tortura que empregaba a inquisición ponía a carne de galiña (estes españois…), pero o mellor sen dúbida, as vistas de toda a rexión dende a terraza superior do castelo…

30-04-2009-soanne

Rematada a visita chegou o momento de ir a cear, e como non tiñamos moita fame despois de todo o que comeramos na grigliata decidimos ir a unha pizzería cercana á casa na que estabamos, porque puñan unhas táboas variadas de embutidos, pizza e focaccia, e como era de picar podiamos non comer tanto… pois isto foi o que nos trouxeron…

soanne-img_0964

Madonna! Menos mal que non tiñamos fame!

Aquí remata a crónica de hoxe, ata mañá rapaces, un besiño!!

Un comentario en «Festa del primo maggio a Soanne»

  1. Sólo por puntualizar, y por lo de la leyenda negra:

    La Inquisición medieval fue establecida en 1184 en la zona de Languedoc (sur de Francia), como un instrumento para acabar con la herejía cátara. De ser administrada por los obispos, pasó en 1231 a ser “dirigida” por el Papa y “gestionada” por los dominicos. En 1252 Inocencio IV autoriza el uso de la tortura para la confesión de los reos. La Inquisición funcionó sobre todo EN EL SUR DE FRANCIA Y EN EL NORTE DE ITALIA.

    La Inquisición española fue creada en 1478 por los Reyes Católicos.

    Vaaale, sí, luego lo hicimos más y mejor que nadie … pero empezaron ellos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.