Segundo día en Soanne, festa do primeiro de maio, día do traballo. Polo visto en Italia, a tradición na Festa dei Lavoratori non è tanto manifestarse, como xuntarse con amigos e familia e facer unha churrascada (iso que temos en común italianos e españoles, que non perdemos nunca a ocasión de facer unha paparotada…).


A diferencia fundamental é que nas nosas churrascadas entre facer as brasas, a carne, as patacas e a ensalada, poñer a mesa, que se senten todos a comer… acaban dando as catro da tarde. Os italianos en cambio xa están ás 10 facendo as brasas, así que ás 12 xa estabamos todos sentadiños e comendo. O menú: unhas bruschette de tomate e aceitunas negras para comezar (co pan tostadiño nas brasas, mmmm…), e logo como prato forte costilletas de cerdo, salchichas e ensalada. Cómo nos puxemos!

Despois de comer tocou dar unha volta pola zona para facer a dixestión. A paisaxe é preciosa, verdade?


Coa comida xa asentada collimos o coche e puxemos rumbo a San Leo. É un piccolo paese da rexión das Marcas, que se atopa na cima dun monte, a unha altura duns 538 metros. Recibe este nome por San Leone, que chegou á zona no século II para predicar o cristianismo. A fortezza di San Leo albergou durante séculos a personaxes moi importantes, como San Francisco de Asis, Dante Alighieri, Lorenzo Medici, o Cagliostro, un famoso alquimista do século XVIII que foi encarcelado pola inquisición. A visita ó castelo interesante, a exposición dos instrumentos de tortura que empregaba a inquisición ponía a carne de galiña (estes españois…), pero o mellor sen dúbida, as vistas de toda a rexión dende a terraza superior do castelo…

Rematada a visita chegou o momento de ir a cear, e como non tiñamos moita fame despois de todo o que comeramos na grigliata decidimos ir a unha pizzería cercana á casa na que estabamos, porque puñan unhas táboas variadas de embutidos, pizza e focaccia, e como era de picar podiamos non comer tanto… pois isto foi o que nos trouxeron…

Madonna! Menos mal que non tiñamos fame!
Aquí remata a crónica de hoxe, ata mañá rapaces, un besiño!!