Viaggio a Soanne

Ola xente, qué tal?

Non sei se o recordaredes, pero aí atrás cando pasara tanto tempo sen contarvos novedades, xa vos dixera que foran unhas datas bastante axetreadas… Estivo a visita de Carlos e Miguel a Genova, logo o esame de Gestione, e por último a viaxe a Soanne, un piccolo paese no nordeste de Italia que é a aldea da moza dun dos nosos compañeiros de facultade. 

mapa

O xoves 30 de abril ás 6:30 da mañá (buf!!) xa estabamos arrancando motores, e unhas 5 horas máis tarde chegábamos ó noso primeiro destino: San Marino! Paseando polas súas rúas empedradas semella que se parase o tempo, e aínda máis cando fumos nós, porque aínda que a néboa non deixaba desfrutar da paisaxe, contribuía a crear ese ambiente de illamento do resto do mundo.

soanne-img_1623-012

Paseamos entre os comercios (moi económicos, alí non hai impostos!!), paramos para comer (lasagna, spaguetti…), e visitamos as súas famosas torres polo paso delle streghe (ou ó que chamariamos nós, paso das meigas), e ata puidemos coñecer a Pinocchio!!

soanne-img_1631-024

Xa pola tarde collimos o coche outra vez e fumos ata Soanne. A viaxe foi lunga así que o tomamos con calma. Coñecimos ós avós de Chiara, preparamos a casa para durmir, descansamos un pouco, unha ducha… e a comer outra vez!

O posto elexido foi o Ristorante Dal Pescatore, no Lago di Andreuccio. Alí puidemos probar a piadina, un prato típico da rexión, ademáis da cassone, que ven sendo unha piadina dobrada e rechea, máis ou menos como unha pizza calzone, pero feita coa masa da piadina.

soanne-img_0914-098

E coa panza chea remata o noso primeiro día de excursión. Mañá sigo coa crónica da viaxe. Moitos bicos xente, ata mañaaaaa!!