Ola xente, qué tal?
Por aquí todo ben, tentando recuperar o ritmo nas actualizacións, que hai tempo que vos teño abandonados. Falabamos onte do primeiro día de Carlos en Genova, así que per forza hoxe toca falar do segundo, aínda que do que se ven chamando día non teño moito que contar: durmimos toda a mañá, almorzamos, baixamos a dar unha volta polo centro estilo domingueiros, aperitivi de rigor despois dunha noite de venres nos vicoli genovese, e ás 20:00 a Brignole para ir recoller a Miguel que viña de visita, facendo unha parada de 4 días no seu tour italiano. De todo isto só teño anécdota do aperitivi, xa que polo visto aquí en Italia seguen a celebrar as postas de largo (non sei por qué non me sorprende…) e mentres comiamos a reventar no Mente Locale, viamos pasar a redor un montón de tías vestidas de primeira comuñón. Poño por aquí unha foto que a verdade é que está digno de ver…


Unha vez que nos encontramos con Miguel, voltamos para casa a deixar as maletas. Sistemamos todo un pouco, Miguel cea (nós morreriamos se comemos algo máis…), falamos do que imos facer o resto dos días, e nos poñemos ghuapos para baixar a ensinarlle a Miguel cómo é unha serata en Genova. Local Medieval, Piazza delle Erbe e focaccia de camiño a casa… todos os elementos indispensables dunha noite por aquí!! Cándo repetimos?

Coma sempre deixo por aquí unas fotos para ilustrar a crónica. Ata mañá rapaces, un besiño!!
Oh! Dios! mío!!! (es que no me sale otra cosa que lo de Janice)
¿y todas de blanco?
¿y los vestidos no son un poco horribles?
¿y LLEVAN GUANTES BLANCOS LARGOS????
Si yo me decidiera a seguir una tradición alienante, al menos iría vestida como divina, glamurosa …. y de este siglo.