Segundo día en Genova

Ola xente, qué tal?

Por aquí todo ben, tentando recuperar o ritmo nas actualizacións, que hai tempo que vos teño abandonados. Falabamos onte do primeiro día de Carlos en Genova, así que per forza hoxe toca falar do segundo, aínda que do que se ven chamando día non teño moito que contar: durmimos toda a mañá, almorzamos, baixamos a dar unha volta polo centro estilo domingueiros, aperitivi de rigor despois dunha noite de venres nos vicoli genovese, e ás 20:00 a Brignole para ir recoller a Miguel que viña de visita, facendo unha parada de 4 días no seu tour italiano. De todo isto só teño anécdota do aperitivi, xa que polo visto aquí en Italia seguen a celebrar as postas de largo (non sei por qué non me sorprende…) e mentres comiamos a reventar no Mente Locale, viamos pasar a redor un montón de tías vestidas de primeira comuñón. Poño por aquí unha foto que a verdade é que está digno de ver…

vacaciones-en-genova-038-serata-genovesa

vacaciones-en-genova-041-serata-genovesa

Unha vez que nos encontramos con Miguel, voltamos para casa a deixar as maletas. Sistemamos todo un pouco, Miguel cea (nós morreriamos se comemos algo máis…), falamos do que imos facer o resto dos días, e nos poñemos ghuapos para baixar a ensinarlle a Miguel cómo é unha serata en Genova. Local Medieval, Piazza delle Erbe e focaccia de camiño a casa… todos os elementos indispensables dunha noite por aquí!! Cándo repetimos?

vacaciones-en-genova-062-serata-genovesa

Coma sempre deixo por aquí unas fotos para ilustrar a crónica. Ata mañá rapaces, un besiño!!