Vacaciones en Coruña

Ola xente, que tal de fin de semana? Por aquí todo ben, estudiando duramente para o exame do martes, pero tentando sempre buscar un momento para saudaros e darvos o parte de novidades, que logo veñen as queixas do clube de fans!! jejej.

Como vedes no título do post, hoxe toca falar da viaxe sorpresa á Coruña polas vacacións de semana santa. A verdade é que foi toda unha aventura, sobre todo tendo en conta que os billetes os tiña comprados dende a primeira semana de febreiro, e que fun quen de gardar o segredo xusto ata o último minuto. A excusa para non visitarvos nas vacacións: unha suposta viaxe a Bélxica para visitar a un compañeiro da facultade que fai alí o Erasmus (a pesares do que pensaron algúns, o compañeiro non é inventado, solo o era a data para a viaxe!!).

A historia de cómo fun sorprendendo a cada un xa vola contei un millón de veces, espero que vos divertirades tanto coma min co reencontro. Foi todo un poco improvisado, pero alomenos houbo tempo para poñernos todos ó día despois de tanto tempo sen saber nada os uns dos outros.

collage_panda

A pesares de que me tomaran o pelo por andar todo o día coa cámara de fotos na man (típico dos Erasmus…) agora que fago o repaso decátome de que non teño fotos de tantos momentos como me gustaría. Deixo por aquí un collage da panda das dúas primeiras noites en Coruña, pero que saibades que tamén houbo tempo para celebrar o cumple de Pepe e o do meu pai, para estar coa familia, para pasear pola cidade, para innaugurar as casas dos amigos recén independizados, para facer ceas, para sair a bailar…

Moitas gracias por estes 15 días na Coru, así da gusto volver!! Moitos bicos rapaces, ata mañá!!