A excursión a Nervi foi a primeira proposta do noso bote de eventos. Xa vos falara hai uns días dun dos paseos que deramos Zaira e máis eu ata ó quartiere de Quinto. Pois xusto a continuación está Nervi, que forma parte tamén do territorio municipal de Genova, e é famoso polo seu paseo marítimo e polo gran parque que hai ó seu carón, unha unificación de tres vilas privadas (Serra, Gropallo e Grimaldi) durante a década dos anos vinte.

A iso das 11 da mañá, e despois dunha parada técnica no super do barrio para comprar os bocatas da comida, fumos coller o autobús número 15 que nos levaría ata Nervi. O resto do día se conta en poucas palabras: sol, siesta, uns toques de balón, bocatas e máis sol.


Acabamos a xornada cun xelado na parada do autobús, e así concluíu a primeira das nosas excursiones escollidas ó chou no noso bote dos eventos. Ata mañá rapaces, biquiños!!