Paseo a Quinto

Ola xente, qué tal?

Seguimos co diario deste Erasmus en Genova. Onte vos contaba da miña festa sorpresa de cumpleanos, o último día que pasaba Carlos en Genova nestas vacacións. Ó día seguinte, sen ter durmido demasiado, collemos as maletas e marchamos cara a estación de tren de Principe, onde comezaba a primeira etapa da viaxe de Carlos de regreso a Coruña, e onde debiamos despedirnos…

Despois dun longo paseo de volta a casa, atopei ós meus compañeiros recollendo a cociña que quedara tutta encasinada do día anterior. Recollimos, comentamos, comimos… ¿imos dar un paseo?

levante

A verdade é que parecemos dúas xubiladas, sempre paseando, jej. Tiñamos pensado ir ata Bocadasse coma sempre, pero o tempo, que non acompañaba moito para tomar o sol, invitábanos a seguir caminando para descubrir a costa levantina de Genova. Ó final 2 horas camiñando (uns 7 kilómetros), ata que xa non podiamos máis e decidimos voltar a casa no autobús.

paseo-hasta-quinto-09

paseo-hasta-quinto-11

A experiencia ademáis de servirnos para coñecer mellor a costa de Genova, permitiunos sacar unhas cantas fotos simpáticas da zona: Unha coa típica vespa vermella italiana (qué bonita!) e outra a carón dunha barca, nunha de tantas praias de pescadores que vimos por aquí.

Para agradecerlles alomenos en parte ós compañeiros toda a organización da miña festa de cumpleanos, ofrecinme a facerlles a cena esa noite, así que despois dunha parada estratéxica no supermercado para aprovisionarnos, púxenme mans á obra na cociña, e este foi o resultado…

paseo-hasta-quinto-15

Qué rico o rissotto vexetal!!!

Ata mañá rapaces, un besazo para tod@s!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.