Despois deste parón nas actualizacións do blog (esta semana foi unha locura), continuamos coa crónica da viaxe familiar por Italia, e como é lóxico seguimos onde nos quedaramos, no 25 de febreiro, que sendo o último día que pasabamos en Roma, o adicamos a visitar todo o que nos quedara pendiente dos días anteriores.
Comezamos collendo a Linea A do Metro ata a Basílica de San Giovanni in Laterano, que é a catedral do Obispo de Roma. Sen dúbida é unha construcción que sorprende, pola súa magnitude e a sua decoración. Despois das habituáis fotos baixamos pola Via San Giovanni in Laterano ata a Igrexa de San Clemente, moi preto do Colosseo e construída sobre edificios romanos. A seguinte parada foi San Pietro in Vincoli, o templo no que se atopa o Moisés de Miguel Ángel, moi preto da facultade de Enxeñería de Roma (La Sapienza). ¿Qué tal outro Erasmus por aquí?.

Para non machacar moito os pes, collimos o metro ata a Piazza del Popolo. Cun obelisco (un de tantos) adicado a Ramsés II no medio, e a famosa Via del Corso que parte dun lateral, enmarcada por dúas igrexas xemelgas. Xusto enrriba da piazza se atopa o parque de Villa Borghese, que nos permitiu desfrutar dunha vista privilexiada de toda a cidade, e tamén dun longo paseo para desconectar do caos da cidade.

De novo en metro chegamos ata a Piazza di Spagna, coñecida pola súa escalinata, e onde se atopa a nosa Embaixada, e xa camiñando chegamos ata a Fontana di Trevi, onde comimos a xa habitual Pizza al Taglio. Como o resto dos turistas que se atopaban por alí, tiramos as monedas para asegurarnos de repetir a viaxe, e despois dunhas cantas fotos continuamos a ruta cara o Quirinale camiñando con calma e cun xelado na man.

Chegadoa a este punto o cansancio fixo que o grupo se dividira, e mentres algúns quedaban no hotel repoñendo forzas para a viaxe do día seguinte, outros continuamos a expedición: Termas de Diocleziano, Piazza de Vittorio Emmanuelle, Basílica de Santa María Maggiore…
A cena nun restaurante sardo da zona de San Lorenzo, a última en Roma desta viaxe, porque ó día seguinte tocaba coller o tren rumbo a Firenze…
Vémonos mañá por aquí. Biquiños para tod@s!!