24/02/2009 A Roma Romana

A pesar do cansacio comezamos o día con forza, un almorzo consistente no hotel e metro cara o Circo Massimo. Esa foi a nosa primeira parada, logo seguiu a ruta cara Santa María in Cosmedin (que abrimos nós de tanto que madrugamos) para someternos ó primeiro polígrafo da historia que é a Bocca della Verità.

rome-firenze-e-zena-185-bocca-della-verita

Diante de nós tiñamos o Templo de Vesta, e un poco máis aló a Illa Tiberina. Unhas vinte ou trinta fotos máis tarde continuamos cara o Campidoglio pasando polo Teatro di Marcello. Logo o Monumento a Vittorio Emmanuele, e pola Via dei Fori Imperiali chegamos ó Colosseo. Cola, entradas, guías, audioguías, escaleiras, fotos… e andiamo al palatino!

rome-firenze-e-zena-225-monumento-a-vittorio-emanuele

Despois de darlle unhas voltas ó recinto para atopar a entrada, por fin puidemos visitar «a zona residencial da clase dirixente romana durante a república», coa casa de Livia, a de Augusto (estaba sen casa o tío), o Palazzo di Domiziano e o Giardino Farnese, dende o que se ten unha visión privilexiada de todo o Foro.

rome-firenze-e-zena-285-foro

E foi entón cando baixamos a velo in situ: As Basílicas Emilia e Giulia, o Comizio, a Curia, o Arco de Setimo Severo, o Templo da Concordia… ¿un descanso? Pois a comer ó Forno de Campo dei Fiori! Menudas pizzas!! O mellor sitio para sentarse a comelas e para repoñer forzas é a Piazza Farnese. ¿Listos para seguir?

rome-firenze-e-zena-253-arco-di-constantino

Imos á Piazza Navona, coa famosa Fontana dei Fumi de Bernini, e atravesando polo medio seguimos ata o Panteón, ¿alguén viu a tumba de Rafael? Por fin a última parada do día, a igrexa de Sant’Ignazio de Loyola; ¿cómo se distingue o que está construído do que está pintado? Saben pouco estes Xesuítas…

Por fin acabou o percorrido, de volta ó hotel para descansar un rato, e a cea non moi lonxe, no Pastarito-Pizzarito da Via Gioberti. Mmmm! Menudos piati di pasta!! Pois agora a descansar que todavía nos queda un día para seguir descubrindo Roma…

Ata mañá!!