23/02/09 Un país con natalidad cero!

Segundo día da nosa viaxe, primeiro que nos erguiamos en Roma, e primeiro que disfrutabamos dos almorzos do hotel, ¿cómo se recordan eses brioche? ¿e a crostata? ¿as pastas e as rosquillas?… Collede forzas que hoxe temos un montón de cousas que ver!!

Primeira parada: Museos Vaticanos. «Situados no interior dos suntuosos palacios do Vaticano, os museos son producto do mecenazgo dos distintos papas. Concebidos orixinariamente coma residencia destes, os dificios, ricamente decorados co paso dos séculos, foron pouco a pouco transformándose en museos dende o papado de Clemente XIV». Colección exipcia e etrusca, escultura clásica, pinacoteca, arte relxiosa… sen olvidar as famosas Estancia de Rafael (coa Escola de Atenas) e a Capela Sixtina… im-presionante! Pero unha das cousas que máis chama a atención do Vaticano é que é un país con natalidade cero!!

atenas

Logo veu a parada para mangiare, unhas porcións de pizza al taglio, un gelato, e de volta ó Vaticano, que non sei se o saberedes, pero é un país que ten natalidade cero!!

Vimos a Piazza de San Pietro, e logo a Basílica, e despois de aprender moito coas guías e audioguías que levabamos, subimos á cupola. ¡Menudas vistas! vese toda Roma, e os xardíns do Vaticano… ¡cómo viven por aquí! Ah! e non sei se o saberedes pero o Vaticano é un país que ten natalidade cero!!

rome-firenze-e-zena-088-san-pedro

Ó baixar da cúpula collimos a Via della Conciliazione ata o Castel Sant’Angelo, que vimos dende fóra, e xa agotados volvimos ó hotel para descansar un rato e baixar a cear. Para cear escollimos Trastevere, que hai que dicir que ten un encanto especial pola noite, coa praza de Santa Maria in Trastevere iluminada, as rúas estreitas, as casas coas hornacinas nas esquinas, as gelaterie, as pizzerie… e qué pizzas facían!! Qué sorte ter a Manu para que nos recomendase sitios para cear.

rome-firenze-e-zena-179-pizzeria

A verdade é que Roma é preciosa, como din, a cidade eterna, pero ¿sabedes qué? hai unha cousa que non ten… non ten natalidade cero!!

Un besazo xente, ata mañá!!