22/02/09 Prima giornata di viaggio

Ola xente, qué tal?

Por aquí todo ben, de volta á normalidade, con clase pola mañá, comendo na mensa ó mediodía, logo estudiando un pouco… que xa era hora de ir desfacendo as maletas!!

Polo título do post de hoxe xa vos imaxinaredes que comeza a crónica da viaxe por Italia coa familia, e coma sempre, a mellor forma de comezar algo é polo principio, por iso remontámonos case un mes atrás para recordar como comezaba esta «gita» como lle chaman os italianos, un domingo 22 de febreiro…

treni

A viaxe para min comeza ás 13:00 na estación de tren de Brignole, porque para poder aproveitar ó máximo a viaxe decidiramos visitar o país de sur a norte comezando por Roma, aproveitando que Ryanair ten voo directo dende Satiago de Compostela.

Sendo Roma o noso punto de encontro, debía baixar ó encontro dos meus, e valorando presupostos a mellor opción resultou finalmente un tren InterCity Plus que saía de Genova ás 13:00 e chegaba a Roma ás 18:14. Alí estaba Manu para recibirme e facerme de guía na cidade: Buscar o hotel, face-lo check-in, comprar a cea, ir ó aeroporto… Unha vez alí tomamos un café para poñernos ó día, e antes de darme conta xa me soaba o mobil para avisarme que o avión que viña de Santiago xa estaba aterrando!!

hotel-verona-pic12

Logo houbo certo caos co tema dos buses e taxis. Resulta que se non vas nun voo ryanair non podes comprar billetes de Terravisión, que eran os que xa compraran eles no avión, e resulta tamén que aínda que a viaxe de Ciampino ó centro de Roma ten tarifa fixa de 30€, se es turista este prezo non serve para ti e tes que pagar de máis.

Ó final, despois de berrar un pouco cos taxistas en italiano, conseguimos baixar a Termini, chegamos ó hotel, ceamos uns bocatas italianos, deses con mozzarela, ruccula, melanzana… e de postre chocolate de giandugia con crackers e uns iogures procedentes da Mensa Genovesa.

Coa maleta colocada e xa ceados era hora de ir para cama, que ó día seguinte nos agardaban os museos Vaticanos, a Basílica de San Pedro e o Castel Sant’Angelo…

2 comentarios en “22/02/09 Prima giornata di viaggio

  1. Un viaje fabuloso, ya veréis. María nos alimentó el alma con los sitios tan bonitos a los que nos llevó, y el cuerpo, que conste que eso tampoco quedó descuidado.

    (Estoy haciendo un libro sobre el viaje, de lo memorable que fue)

  2. qué gustazo poder «gritar» con los taxistas en italiano, no? jeje, no lo digo por la discusión, jeje, pero para que nos e aprovechen de ti… gran ventaja el saber su idioma!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.