Primeira actualización de febreiro e sen moito que contar. É que con isto dos exames estamos faltos de novidades en Via Trento 14, e por iso o post de hoxe non é 100% actual. Algúns de vos xa saberedes que o Centro Xuvenil Abeiro este ano está de 15 aniversario, por iso, como é un momento importante, estanse a preparar unha serie de proxectos conmemorativos para celebrar esta data, e para botar un pouco a vista atrás e ver todo o que levamos camiñado.
Un deles foi a edición especial dunha Megabeiro con artigos de todolos proxectos que forman parte do Centro Xuvenil, e nos que se fala da súa andaina ó longo destes 15 anos. Despois de semanas de duro traballo, os membros do equipo Megabeiro estamos orgullosos de amosarvos o resultado final.
Se pinchades na foto podedes descargar a revista enteira. A verdade é que paga a pena botarlle unha ollada, quedounos moi chula!
Para aqueles que non coñezades o Centro Xuvenil, podedes ver pinchando aquí un pouco do que se fai alí cada día: Tendes artigos das actividades, fotos, e ata unha zona de descargas na que se poden ver entre outras cousas outros números anteriores da revista. Desfrutade da páxina que está moi completiña, e se tendes algunha suxerencia podedes falar con Carlos que é o webmaster.
Pois nada xentiña, que falamos mañá outro rato. Desfrutade do domingo e non madruguedes nada!!
Baci!!
