De domingueo!

Ola xente, qué tal?

Por aquí todo ben, coma sempre. Agora mesmo dicíndolle adeus á fin de semana, e dándolle a benvida ó luns coas pila cargadas. Como prometera no post de onte, aproveitei a mañá do domingo para estudiar, e así puiden baixar pola tarde a dar unha volta polo centro de Genova, con cappuccino incluido para repoñer forzas despois da intensa (pero infructuosa) tarde de compras.

¿A que da gusto ir de tendas por rúas como esta? A primeira foto é duns pórticos que hai na Via XX Setembre, unha das rúas máis importantes do centro de Genova. É incrible ver a mistura de mosaicos e columnas maxestuosas cos escaparates das tendas máis coñecidas (debaixo destes arcos acaban de abrir un Benetton).

xxset

A segunda é de Via San Vincenzo, unha rua peatonal paralela a XX Setembre que está chea de cafeterías e focaccerias. É imposible parar por aquí e non comprar algo nalgun destes fornos, o cheiro a focaccia recén feita enche toda a rúa…

12139071

¡Qué ben senta o domingueo! Moito ánimo coa semana que empeza, mañá falamos outro rato. Bicos!

2 comentarios en “De domingueo!

  1. Las calles, preciosas; el aroma, seguro que insuperable. No sé como se verá en pleno invierno. Aquí está lloviendo a todo llover y con mucho viento.

    Estaba un poco agobiada con el tiempo que teníamos para ver todo, ahora, simplemente estoy un poco agobiada con el tiempo atmosférico.

    Bueno, a ver si hay suerte.

  2. Esa segunda foto… non será do sitio onde collemos a primeira focaccia que tomei en Génova, aquel almorzo sentados nas escaleiras da igrexa… da que non lembro agora o nome… a annunziata?

    Mmmm! que rica me soubo! E menudo paseo nos pegamos esa mañá! A foto chula de XX Setembre é a da rúa enriba da outra rúa (como hai varias así en Génova, ao mellor non meto a pata e todo!). Aínda que, efectivamente, eses soportais son ben chulos… Como as casas da outra beira da rúa, que menudas fachadas se gastan! Para que logo haxa quen diga que Génova non é bonita!

    Desfrútaa moito, chica! E cando teñas tempo manda unhas focaccias, jajaja!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.