Ola xente, qué tal?
Por aquí todo ben, coma sempre. Agora mesmo dicíndolle adeus á fin de semana, e dándolle a benvida ó luns coas pila cargadas. Como prometera no post de onte, aproveitei a mañá do domingo para estudiar, e así puiden baixar pola tarde a dar unha volta polo centro de Genova, con cappuccino incluido para repoñer forzas despois da intensa (pero infructuosa) tarde de compras.
¿A que da gusto ir de tendas por rúas como esta? A primeira foto é duns pórticos que hai na Via XX Setembre, unha das rúas máis importantes do centro de Genova. É incrible ver a mistura de mosaicos e columnas maxestuosas cos escaparates das tendas máis coñecidas (debaixo destes arcos acaban de abrir un Benetton).

A segunda é de Via San Vincenzo, unha rua peatonal paralela a XX Setembre que está chea de cafeterías e focaccerias. É imposible parar por aquí e non comprar algo nalgun destes fornos, o cheiro a focaccia recén feita enche toda a rúa…

¡Qué ben senta o domingueo! Moito ánimo coa semana que empeza, mañá falamos outro rato. Bicos!