Si é que a terra sempre tira, e por moito que fale das pizzas, das focaccias, do pesto á Genovesa, ou dos xeados de Piazza delle Erbe, coma na casa non se come en ningún sitio!!

Por iso quero ensinarvos estas propostas gastronómicas que me mandaron da casa por correo electrónico. De agora en diante xa non teremos que prescindir do marisco, nin por cuestións económicas, nin por estar lonxe de Galicia… ¡E ata podemos comelo nos meses sen «r»!.

Pois xa sabedes, que non falten os centolos, as nécoras, as cigalas ou as vieiras na vosa mesa. Con pan de molde, fiame e algo de maña na cociña, xa podedes desfrutar dos productos da terra en calquera sitio que esteades (ovunque sei, como din por aquí).
Moitos bicos enxebres! Ata mañá!!