Extra, extraaaa!

Primeira actualización de febreiro e sen moito que contar. É que con isto dos exames estamos faltos de novidades en Via Trento 14, e por iso o post de hoxe non é 100% actual. Algúns de vos xa saberedes que o Centro Xuvenil Abeiro este ano está de 15 aniversario, por iso, como é un momento importante, estanse a preparar unha serie de proxectos conmemorativos para celebrar esta data, e para botar un pouco a vista atrás e ver todo o que levamos camiñado. 

Un deles foi a edición especial dunha Megabeiro con artigos de todolos proxectos que forman parte do Centro Xuvenil, e nos que se fala da súa andaina ó longo destes 15 anos. Despois de semanas de duro traballo, os membros do equipo Megabeiro estamos orgullosos de amosarvos o resultado final.

Se pinchades na foto podedes descargar a revista enteira. A verdade é que paga a pena botarlle unha ollada, quedounos moi chula!

mega

Para aqueles que non coñezades o Centro Xuvenil, podedes ver pinchando aquí un pouco do que se fai alí cada día: Tendes artigos das actividades, fotos, e ata unha zona de descargas na que se poden ver entre outras cousas outros números anteriores da revista. Desfrutade da páxina que está moi completiña, e se tendes algunha suxerencia podedes falar con Carlos que é o webmaster.

Pois nada xentiña, que falamos mañá outro rato. Desfrutade do domingo e non madruguedes nada!!

Baci!!

2 comentarios en “Extra, extraaaa!

  1. Aí, aí, así me gusta! Auto-Publicidade! Ah, que non dis que o maquetaches ti, case en exclusiva? Moi mal! E sen embargo me fas a publicidade a min? Dende logo, es ben difícil de comprender, eh?

    Pois nada, xa o digo eu: as revistas Megabeiro do campamento urbano do 2004, do curso 2007, e a especial dos 15 anos son todas maquetacións orixinais de María!! E son impresionantes!! Ea, aí queda iso!

    Pero queremos novidades das boas… Cóntanos do teu día a día! Que se note que estás noutro país! … Ou alomenos coméntanos se che están gustando as series que estás a ver no teu exilio da tele española! (suxerencia de contido para o blog, emitida…)

  2. Ainda que non no día da actualización
    si quería repetir (pq non sei donde o deixei escrito)
    que BRAVAAAAA
    pola revista dos 15 anos
    tanto en contido
    como en forma
    asi que parabéns a todos os que currastedes tanto
    e brava tamen por subila aqui
    asi a podemos gardar para sempre
    posto que hoxe en día o papel é efimero
    e o fomato dixital perdura máis jejeje
    renovarse ou morrer

    bicos e boa semana

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.