E logho…?

Ola xente, qué tal? Seguro que aproveitando a tope da fin de semana, como ten que ser, que tamén o merecemos. Pois para seguir de bo humor, hoxe unha foto moi simpática que atopei na Voz de Galicia.

chapuza_moeche

Esta foto é unha das presentadas este ano ó concurso de «fotos-chapuzas» da Voz de Galicia. Seguro que recordades ter visto algunha das do ano pasado. O comentario que a acompaña é o seginte:

Os cruces de camiños non sempre son doados. As veces o conductor non coñece quen ten prioridade de paso. Outras, son as propias sinais as que provocan certa confusión. Así ocorre en Labacengos, no termo municipal de Moeche (A Coruña), onde a clásica sinal de Stop foi arranxada por algún espontáneo.

Se tendes un rato morto e queredes seguir rindo, hai moitas máis e máis fotos que participan neste concurso. Que as disfrutedes!!

PD: Viva Juan Bosco!, viva Juan Bosco!, viva! yeeeea!!

2 comentarios en “E logho…?

  1. Menos mal que o cartel é dunha estrada galega! Porque xa todos sabemos que dá igual o que poñan os sinais, non? Como os galegos non sabemos se imos ou vimos…

    Pois nada, chica, a desfrutar da mañá do sábado (aí durmindo…) que seguro que onte chegaches ben tarde á casa. Ai, esas noites italianas, esa mala vida!

    Pásao ben, xa falaremos.

    Sabías que non me decatara de que era Don Bosco até ben entrado o día?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.