Ola xente, qué tal? Seguro que aproveitando a tope da fin de semana, como ten que ser, que tamén o merecemos. Pois para seguir de bo humor, hoxe unha foto moi simpática que atopei na Voz de Galicia.

Esta foto é unha das presentadas este ano ó concurso de «fotos-chapuzas» da Voz de Galicia. Seguro que recordades ter visto algunha das do ano pasado. O comentario que a acompaña é o seginte:
Os cruces de camiños non sempre son doados. As veces o conductor non coñece quen ten prioridade de paso. Outras, son as propias sinais as que provocan certa confusión. Así ocorre en Labacengos, no termo municipal de Moeche (A Coruña), onde a clásica sinal de Stop foi arranxada por algún espontáneo.
Se tendes un rato morto e queredes seguir rindo, hai moitas máis e máis fotos que participan neste concurso. Que as disfrutedes!!
PD: Viva Juan Bosco!, viva Juan Bosco!, viva! yeeeea!!