Ola xente, qué tal?
Por aquí todo ben, coma sempre. A única novidade é que xa puiden cambiar os apuntes que teño enriba da mesa. Tiven onte aquel esame tan longo de Macchine 1, e saquei… outro 30! Estou moi contenta porque aínda que era moita materia, só ma convalidaban pola metade dunha asignatura de España, e a outra metade xa a tiña aprobada doutro esame que fixera aquí antes de nadal, así que agora sí podo dicir que teño aprobada a asignatura de «Máquinas Térmicas e Hidráulicas», unha das máis complicadas de 4º en Ferrol.
Pois polo demáis sigo coa rutina, indo á facultade a estudiar, coidando das rosas, dando un paseo de cando en vez pola cidade, e retomando o ritmo no ximnasio. Onte estivemos nunha actividade nova que se chama «Fit Boxe Power», de aí o título do post de hoxe.

Consiste en facer unha coreografía na que se misturan pasos de aeróbic con golpes de puños e patadas, (non vos preocupedes, non hai que poñer a cara, os golpes se dan ó aire ou a un saco, jej). A verdade é que estivo moi ben, alomenos foi unha experiencia nova o de pegarlle patadas a un saco de boxeo, e despois de estar encerrada en casa tanto tempo preparando os exames era xusto o que precisaba.
A ver se mañá teño máis que contarvos, que estes días cos exames e a falta de actividade estou a quedar sen ideas para as actualizacións (acéptanse suxerencias…). Moitos bicos para todos, vemonos!!
PD: Na barra da dereita tendes un novo marcador de conta atrás para a viaxe a Roma da que vos falara. É que agora que sei cómo funciona non podo deixar de poñelo…
Ya se me había olvidado darte las gracias por el marcador de cuenta atrás; ya me estaba cansando de llevar la cuenta mentalmente, hasta me costaba dormir .. (los segundos eran lo más pesado)
También a mi me viene ien el marcador (por mi memoria de grillo) porque aprovecharé para enviarte mi regalo de cumpleaños.
A miña felicitación non é polo marcador
que aínda que esta moi ben
non dudaba das túas cualidades coa tecnoloxía jejej
é por ese novo 30 CONGRATULATIONS
BRAVA MARIAAAAAAAAAAA
aínda que nesto tampouco dudaba das túas cualidades jejej
iso q noraboa
bicos
PD eu tm fixera algo diso na miña boa epoca de ximnasio no ventorrillo
pero lle chamabamos Aerobox, coreografia de boxeo puño e patada con musica, si que mola moito
Polo exame: Noraboa!!! Ía dicir que case te compensa quedar por aí a rematar a carreira, pero mellor calo, non vaia ser que realmente queiras quedar… Nin se che ocorra!! Ti aproveita para sacar tódalas asignaturas posibles, pero volve, que Galicia precisa enxeñeiras! (creo)
Jo! Eu quero facer exercicio tamén! A ver se o médico me di que o podo facer (ou non), para poñerme xa coa operación bikini 🙂 En todo caso, non reteñas moito na memoria o que aprendas nesta clase, se é que vas repetir, non vaia ser que queiras practicar comigo… Se queres montamos un saco de boxeo nalgures, pero nada máis.