Ola xente, qué tal?
Por aquí todo ben, coma sempre. A única novidade é que xa puiden cambiar os apuntes que teño enriba da mesa. Tiven onte aquel esame tan longo de Macchine 1, e saquei… outro 30! Estou moi contenta porque aínda que era moita materia, só ma convalidaban pola metade dunha asignatura de España, e a outra metade xa a tiña aprobada doutro esame que fixera aquí antes de nadal, así que agora sí podo dicir que teño aprobada a asignatura de «Máquinas Térmicas e Hidráulicas», unha das máis complicadas de 4º en Ferrol.
Pois polo demáis sigo coa rutina, indo á facultade a estudiar, coidando das rosas, dando un paseo de cando en vez pola cidade, e retomando o ritmo no ximnasio. Onte estivemos nunha actividade nova que se chama «Fit Boxe Power», de aí o título do post de hoxe.

Consiste en facer unha coreografía na que se misturan pasos de aeróbic con golpes de puños e patadas, (non vos preocupedes, non hai que poñer a cara, os golpes se dan ó aire ou a un saco, jej). A verdade é que estivo moi ben, alomenos foi unha experiencia nova o de pegarlle patadas a un saco de boxeo, e despois de estar encerrada en casa tanto tempo preparando os exames era xusto o que precisaba.
A ver se mañá teño máis que contarvos, que estes días cos exames e a falta de actividade estou a quedar sen ideas para as actualizacións (acéptanse suxerencias…). Moitos bicos para todos, vemonos!!
PD: Na barra da dereita tendes un novo marcador de conta atrás para a viaxe a Roma da que vos falara. É que agora que sei cómo funciona non podo deixar de poñelo…