Ola xente!
Hoxe unha actualización das de antes, daquelas nas que vos contaba o que ía descubrindo da cultura italiana.
Hai uns días chegamos a casa e atopamos esta boneca no portal.

Polo visto é tradición aquí poñer un sinal destes na porta de casa cando hai un nacemento no edificio. Habitualmente o boneco é azul se é un neno, ou rosa se é unha nena. Dixéronnos os compañeiros da facultade que como pasa sempre, é unha tradición que se va perdendo, pero que é habitual anunciar tamén outro tipo de eventos: vodas, defuncións…
Como anécdota, contounos un dos compañeiros de clase que no seu edificio vive unha muller moi vella. Un día puxeron na porta da súa casa un lazo negro para avisar de que morrera un veciño. Pois a pobre da muller que non tiña nada que ver, tiña xente timbrando todo o día para darlle o pésame á súa familia, porque polo visto estaba de pimeira na lista de candidatos, jej.
Bueno, sigo co repaso de Macchine 1, a ver se remato dunha vez. Mañá xa vos conto como me foi. Bicos!
PD: Feliz 26!
como me gustou a actualización de hoxe
esta é das miñas
das de costumes e tradicións jejeje
esta estou por copiala
bicos
sorte para maña
É certo, vai directa para o teu libro, jej. Fareite unha recapitulación do máis importante que vaia descubrindo por aquí, para que inclúas un capítulo sobre Italia. Bicos!
Mola coñecer as tradicións italianas de primeira man! Eu vira algo semellante cando o Campobosco, pola zona de Turín. Non lembro exactamente como era, pero sí que había laciños azuis e rosas, e que tiñan que ver con bebés. (Xa, xa sei que moita información non é…)
Pois nada, felicidades aos premiados, e a ver se coñeces á tal Paola e nola presentas!
@Beloncha: e tanto que é das túas! e non me cabe dúbida de que seguro que a copias, hehe!!