È nata Paola

Ola xente!

Hoxe unha actualización das de antes, daquelas nas que vos contaba o que ía descubrindo da cultura italiana.

Hai uns días chegamos a casa e atopamos esta boneca no portal.

dsc00813

Polo visto é tradición aquí poñer un sinal destes na porta de casa cando hai un nacemento no edificio. Habitualmente o boneco é azul se é un neno, ou rosa se é unha nena. Dixéronnos os compañeiros da facultade que como pasa sempre, é unha tradición que se va perdendo, pero que é habitual anunciar tamén outro tipo de eventos: vodas, defuncións…

Como anécdota, contounos un dos compañeiros de clase que no seu edificio vive unha muller moi vella. Un día puxeron na porta da súa casa un lazo negro para avisar de que morrera un veciño. Pois a pobre da muller que non tiña nada que ver, tiña xente timbrando todo o día para darlle o pésame á súa familia, porque polo visto estaba de pimeira na lista de candidatos, jej. 

Bueno, sigo co repaso de Macchine 1, a ver se remato dunha vez. Mañá xa vos conto como me foi. Bicos!

PD: Feliz 26!