E tamén en nadal puidemos desfrutar dun par de días de viaxe por aí. Non moi lonxe, que non tiñamos tempo nin presuposto, pero quedara pendente porque dixeramos…
12+1.- Facer algunha excursión pola zona.
En 2 días visitamos case que tódas as cidades galegas. Comezamos a primeira hora do luns visitando Ferrol, porque tiña que facer unhas xestións de última hora (a ver se por fin me conceden unha beca…), e logo directos a Santiago, que quedaba a medio camiño e xa coñeciamos un sitio que nos gustaba para comer (Aida, gracias pola recomendación). Fotos de rigor na catedral, un paseo pola zona vella, e coas pilas cargadas marchamos directos a Sanxenxo.

O hotel impresionante, de verdade, recomendado. Está moi ben e ademáis teñen moitas ofertas de fin de semana en temporada baixa. Déixovos por aquí unhas fotos da habitación para que o vexades.
En recepción nos dixeran que para o Spa tiñamos que pedir cita antes, así que deixamos as cousas na habitación e baixamos correndo. A verdade é que aproveitamos o tempo, ¡4 horas debaixo da auga! E logo todos enrrugados baixamos ó centro de Sanxenxo a cear algo, para dar por rematado o primeiro día da excursión.

O segundo foi máis de ruta. Primeiro un mega-almorzo bufet no que fixemos como catro ou cinco viaxes cada un para encher os pratos, e claro, ata as doce na cama que non nos tiñamos en pe! Collemos o coche rumbo a Combarro, logo Pontevedra onde comimos, e rematamos o día facéndolles unha visita a Nuria e a Fer en Ourense.


A ver se vos dou envexa coas fotos e vos animades a ir por aí de viaxe… ¿a Genova tal vez?…jej.
Bicos a tod@s!