Ola rapaces, qué tal?
Por aquí todo ben, continuando co estudio despois do exame de onte (no que saquei un 30 por certo, jej). O seguinte é o próximo luns, de Macchine 1. É bastante materia, e se corresponde coa metade dunha das asignaturas de España, e como alí é bastante chunguilla haberá que poñerse a pilas.
Hoxe vou continuar coa crónica de actividades deste nadal, repasando a lista que fixera un mes antes de marchar. ¿Recordades ter lido isto?
9.- Dar un paseo moi longo polo pase marítimo, dende o Milenium ata a Torre, xusto cando anoitece, para ver tódalas luces da cidade.
Pois tamén houbo tempo para pasear por Coruña, e aquí tendes algunhas fotos que o demostran. ¿A que está chula Coruña coas luces de nadal?



Oh! Cómo me gusta o nadal, qué pena que xa pasase… Menos mal que temos un ó ano, jej. Baci da Genova ragazzi! Ci vediamo!