Ciao ragazzi! Come va? Recordades ter lido algo disto antes no blog?
6.- Quedar coa panda ás 20:30 en Panaderas. Ir de tapas e logo a tomar algo no «balcón» do Galatea. (…)
10.- Un café con cada un, para poñernos ó día e para organizar as viaxes de tódolos que ides vir por Italia este ano.
Pois como xa dixera hai uns días, éste foi un nadal do máis intenso, e houbo tempo para todo: Para unha cea de reencontro no Asiático, (con gorros de Papá Noel e de reno incluídos), para cañas e tapas nos sitios de sempre, para celebrar un fin de ano diferente a tódos os anteriores, para recordar vellos tempos, para ir a xogar ós bolos, para celebrar o cumple de Aida… Espero que disfrutasedes destes días tanto coma min… ¡regresión! jej.
Déixovos por aquí unha montaxe con algunhas fotos destes días coa «panda». Desde aquí moitos bicos para todos, e a ver cando comezamos a facer plans para a vosa visita a Italia… Aquí vos agardo, aburiñoooo!
