Ola xente! Qué tal?
A actualización de hoxe debe ser das poucas feitas no momento, que sempre as teño programadas por adiantado (trampa), pero hoxe era un día especial, o meu primeiro exame en Italia, e quería agardar a ver cómo me saira para contalo por aquí…
Pois o título xa o di todo… 30 de 30, é dicir, unha matrícula de honra!!!… Tiñades que ver a cara de poker que lle puxen ó profe, en plan «sí, está ben… un 30 supoño que é xusto…». E que é un 10! ¿Alguén sacou un 10 na universidade algunha vez? Encántame Italia!
Pois nada, como non sacamos fotos no exame (era o que faltaba para remata-la festa, jej), aí vai unha da miña facultade.
Bicoooos!
