Vuelve, a casa vuelve…

Ola xente! Qué tal?

Pido perdón de novo pola falta de ideas á hora de actualizar. Tiña gañas de contarvos algo novo cada día, pero cada vez ando máis ocupada e non teño tempo para sentarme diante do ordenador (alomenos non para estas cousas).

Pois vou tirar de youtube unha vez máis. Onte acordeime do anuncio dos turróns El Almendro, aquel de «Vuelve a casa vuelve…» e me fixo moita gracia imaxinarme que dentro dunhas semanas me vou ver na pel dos seus protagonistas. Ademáis o ver tódalas rúas de Genova iluminadas, os adornos, os escaparates, os anuncios… non axuda moito a pensar noutra cousa, pero vaia, de Genova en nadal xa falaremos máis adiante…

O video non paga moito a pena. É unha montaxe feita con catro anuncios dos turróns, de distintas épocas. Segundo os comentarios que ten, suponse que é para ver cánto cambiamos co paso do tempo e como cambiaron as nosas festas de nadal. Non teño suficiente perspectiva para evalualo, pero espero as vosas anécdotas e impresións das esceas típicas que salen nos videos. A min persolamente me fixo moita gracia a «avoa que fuma nas festas», e «o vello que canta panxoliñas a gritos e desafina». ¿Qué recordos tendes vos das vosas festas de nadal?

Moitos bicos!