E seguimos coa crónica da viaxe. O segundo día, como tiñamos menos cousas que ver quedamos un rato máis durmido e baixamos a almorzar un pouco máis tarde, e menudos almorzos… sen dúbida o mellor do hotel!
E fumos á piazza della Signoria por segunda vez, e logo por terceira vez porque esqueceramos as pilas da cámara no hotel. Na piazza está o Palazzo Vecchio, a Loggia della Signoria, (unha especie de museo escultórico ó aire libre) e a Galeria Uffizi, na que é mellor ter reservadas as entradas se non queredes facer unha cola de máis dunha hora como tivemos que facer nós. Neste museo podedes ver entre outras cousas «O nacemento de Venus» (Miguel, como nos acordamos de tí) e «A primaveira» de Botticcelli, ou «A Anunciación» de Miguel Ángel. Paga a pena velo, aínda que non vos guste moito o arte, o palazzo por dentro é impresionante, e as vistas do ponte Vecchio dende o segundo piso tamén.
E por fin cruzamos o Arno, polo Ponte Vecchio, visitamos a Igrexa do Santo Espírito, e despois de coller unhas focaccias (ese itañolo!) fomos a visitar o Palazzo Pitti. E chega o momento da escaleiras… Despois dunha longa caminata chegamos a Piazzale Michelangelo, un mirador con unha vista privilexiada de toda a cidade, e ata tivemos sorte coa hora, porque estaba anoitecendo e puidemos ver Florencia con outra luz.
E despois do paseo, parada na Santa croce e volta ó hotel, para logo baixar a cear no mesmo sitio que a noite anterior. Sen dúbida recomendado para cando veñades!
Déixovos aquí dúas fotos, unha do Palazzo Pitti e a outra da vista da cidade dende Piazzale Michelangelo. Prometo ensinarvos algunha das panorámicas que fixemos na seguinte actualización.
A domani!







