Ola xente! Que tal?
Antes de nada quero ensinarvos dúas fotos para que comparedes. A primeira é do 3 de Outubro deste ano, cando chegamos ó piso, e a segunda de onte… Ademáis de que a primeira está torcida penso que se capta a diferencia…

Polo visto estar pegados ó mar e nun porto abrigado non axuda moito contra o vento do norte… Cunha máxima de 8º e mínima de 4º, temos temporáis, vento e chuvia, e incluso a certa altitude, ata neva!
Pois nada xente, a todos os que xa vos dixera que aquí facía moito frío e contestabades que aí tamén… mentira!!, gañeivos a todos!! Aquí está nevando ó nivel do mar, e fai un frío que pelaaaa!!
Bicos!

Brrrr!!! Que fríooooo!!! E pensar que aínda hoxe me lembro dos xelados de Italia! Aínda están abertas as xeladerías?
Ti abrígate ben, non vaia ser o demo. Arrímate moito ao radiador da casa, mentres estea acendido, que seguro que é o recuncho máis cómodo da casa!
E non te preocupes, que por aquí vai frío pero non se ve neve, así que seguro que coa práctica que collerás aí, xa poderás andar en mangas de camisa pola rúa Real cando fagas as compras de Reis!
Un bico!! E se saes hoxe, non te apoies no bolardo da Piazza delle Erbe, que seguro que te quedas pegada a el, do conxelado que estará!