Nevicaaa!

Ola xente! Que tal?

Antes de nada quero ensinarvos dúas fotos para que comparedes. A primeira é do 3 de Outubro deste ano, cando chegamos ó piso, e a segunda de onte… Ademáis de que a primeira está torcida penso que se capta a diferencia…

Polo visto estar pegados ó mar e nun porto abrigado non axuda moito contra o vento do norte… Cunha máxima de 8º e mínima de 4º, temos temporáis, vento e chuvia, e incluso a certa altitude, ata neva!

Pois nada xente, a todos os que xa vos dixera que aquí facía moito frío e contestabades que aí tamén… mentira!!, gañeivos a todos!! Aquí está nevando ó nivel do mar, e fai un frío que pelaaaa!!

Bicos!