Ola xente ¿qué tal a semana?
Moito ánimo que xa estamos a xoves! ¿Xa tendes plans para a fin de semana? Está guay isto de ir organizando o tempo libre, porque podes empezar a desfrutalo por adiantado. Pois a actualización de hoxe tamén vai de plans, e como hai alguén que me vacila moito por tódolos plans que fago e como o organizo todo en listas, voulle dar a razón por unha vez, e vou pensar nas cousas que quero facer estes 24 días que vou pasar na casa en Nadal. ¿E por onde podo comezar?…
1.- Comer comida da casa: tortilla de patacas, arroz, bacallau, fideos con mexillóns, filloas, chocolate con laranxa, biscoito… Todo ata aburrir.
2.- Facer ceas italianas con todo o mundo, para que vexades o ben que se come por aquí, e poida ensinarvos as fotos, e contarvos cómo me foi nestes tres meses.
3.- Aprender a face-la pizza (sei que parece raro aprender en España e non en Italia, pero vivo na única casa do mundo que non ten nin forno nin microondas).
4.- Unha peli de domingo coa famila, con chuches do kiosko do parque de Marte.
5.- Sesión de cine: Co seu kebap no Firs’, e moitas palomitas. Sabedes se hai algún estreo previsto para estas vacacións?.
6.- Quedar coa panda ás 20:30 en Panaderas. Ir de tapas e logo a tomar algo no «balcón» do Galatea.
7.- Celebrar cos meus tódalas festas que me perdín e que me vou perder durante estes meses (santos, cumpreanos, aniversarios…)
8.- Quedar para tocar e cantar ata aburrir.
9.- Dar un paseo moi longo polo pase marítimo, dende o Milenium ata a Torre, xusto cando anoitece, para ver tódalas luces da cidade.
10.- Un café con cada un, para poñernos ó día e para organizar as viaxes de tódolos que ides vir por Italia este ano.
11.- Xogar á Wii con Pepe.
12.- Celebrar os cinco anos.
12+1.- Facer algunha excursión pola zona.
14.- …
E ata aquí chegou a miña imaxinación de momento. Agora gustaríame recibir algunha suxerencia, podedes continuar asingandolle algún evento ó 14 da miña lista. Cosa facciamo in Natale?
Moitos bicos xente, vémonos en 22 días!


Hoxe non podo dicir máis que me pido estar en todas as ocasións que dis. Igual as da familia non tanto, pero tódalas demais, pídomas. Suxírote algunha cousa máis:
– apetéceche unha fin de semana en agradable compaña? igual non en fin de semana, que o meu curro o impide, pero un par de días por aí…
– sei que non os podes levar contigo ao volver a Italia, pero… que hai de recibir agasallos coma tódolos días 6 de xaneiro?
– nun domingo cómodo… que tal ir a andar en bici? abrigadiños, e iso, pero en bici! Hai que facer exercicio!
E ben sei que hai unha que de ter na man xa a terías agarrado, e é das que máis ganas teño: que volvas xa. Axiña! 22 días! Iso non é nada! Se xa case estás aquí, voume ter que ir preparando!
Un bico e algún máis!
mmmm…. qué tal ir a ver si la bolera sigue en su sitio?? me apetece un montón!!
Y síiiiiii, a las ocho y media en panaderas!! tapas ya!!
En Navidad yo quiero:
– sesión de cine con chuches
– comer
– disfrutar de las vacaciones y no estudiar
– comer
– jugar al orde, a las pantallitas, … a cualquier cosa que sea electrónica
– comer
– quedar alguna vez con toda la familia, toda -abuela, Vero, Marta, Lucía, Santi, ..etc-
– ¿he mencionado ya comer?
creo que sí, pero lo menciono otra vez
se puede resumir en dos puntos
1º que vuelvas de Italia de una vez
2º COMER
(es que las Navidades están pa eso)
Ole Pepe!
Sí señor! Nunca mejor dicho! Y yo me apunto a lo del cine y las chuches, y a comer, que María ya lo prometió!